Opinión

Onde está o noso corazón?

“Buscaron o Señor de todo corazón; 

El deixouse encontrar por eles e concedeulles paz” 

(2 Crónicas 15:15)

Todas as culturas e civilizacións pasaron momentos difíciles. A Biblia explícanos que o pobo de Israel vivía esas circunstancias case a diario. Era normal, rexeitaron unha e outra vez a Deus e pretendían vivir como se nada pasara. Tanto foi así que chegaron a ser esclavizados por todos os demais pobos até seren levados ao exilio. Diso trata o segundo libro das Crónicas. Do mesmo xeito, se nós desprezamos a Deus, remataremos fracasando na nosa vida, sen importar o moito que teñamos ou a fama que teñamos.

Co tempo, aprenderon que tiñan que volver ao seu Creador, e a resposta del foi impresionante: “Deixouse encontrar por eles”. Si, Deus sempre está aí, disposto a axudarnos, por iso a pregunta non é tanto “onde está?” senón: “onde está o noso corazón?” “Qué é o máis importante para nós?” se queremos ter paz, temos que mirar cara arriba.

Te puede interesar