Opinión

O poder das promesas

“Non lle teñades medo á presencia de ninguén” 

(Deuteronomio 1: 17)

En moitas ocasión sentimos medo. As circunstancias agóbiannos, ou otras persoas fan cousas que non deberían, ou, simplemente nos sentimos sós e sen forzas. Neses momentos é cando máis podemos sentir a axuda de Deus. Iso é o que lle pasou ao pobo. O problema foi que eles non foron quen de confiar dun xeito incondicional, así que o libro de Deuteronomio explícanos como tiveron que vivir no deserto durante corenta anos; por non ter fe para seguir adiante.

Ás veces podemos crer que sabemos moito de Deus, e mesmo pensar que somos persoas relixiosas, pero se non confiamos nel no día a día, todo iso é pouco. Ainda que pasemos polo medio de loitas e dúbidas, precisamos descansar no Señor e crer que Él non nos vai abandoar nunca. Temos que orar e ver que pasos dar para seguir adiante, porque El vainos guiar seguro.

Te puede interesar