Opinión

Todo ten un principio

No principio creou Deus o ceo e a terra…

(Xénese 1:1).

No libro do Xénese atopamos os primeiros momentos da historia: Deus creounos co obxectivo de que vivamos na súa presenza para disfrutar non so con el, senón tamén con todo o universo que fixo para nós.

Nos primeiros capítulos lemos a historia de como o ser humán se rebelou contra o Creador dándolle as costas de tal xeito que, desde ese momento, non só perdemos a nosa relación con Deus, senón tamén con nós mesmos, cos demais e coa natureza. Ao perder a Deus, perdémolo todo.  

O fondo do problema foi (e segue sendo) que non sabemos agradecer nen disfrutar do amor de Deus. Do mesmo xeito que naquel tempo, pensamos que ser rebeldes fainos máis felices. Queremos viver a nosa propia vida e equivócamonos de pleno. O desafío para cada persoa hoxe, é decidir se quere seguir rexeitando o Creador ou viver diante del. Se quere volver a sentirse verdadeiramente libre e perdoado ou saberse culpable. Se queremos disfrutar a Vida con maiúscula ou ir morrendo cada día.

Te puede interesar