Opinión

Unha vida extraordinaria

e vós seredes o meu pobo”

(Levítico 26:12)

Cando lemos o libro do Levítico, aprendemos algunas das normas que Deus tiña establecido para que o seu pobo puidera vivir en paz e disfrutara de todas as cousas na famila e na sociedade, do mesmo xeito que na súa relación co Creador. Atopamos leis orais, rituais e tamén detalles que nos ensinan o que é bo para a nosa saúde física.

Deus deseñou a natureza para que podamos vivir seguindo certas normas e así disfrutar máis de todo o que El creou. El coñece perfeitamente o noso corpo e o noso espírito, así que ninguén pode ensinarnos mellor o que debemos facer.

A verdadeira libertade consiste en facer sempre o que é bo. Cando vivimos así e descansamos no noso Creador, non so nos facemos ben a nos mesmos, senón tamén podemos axudar os demais. Dese xeito, chegamos facer un mundo máis xusto. Seguir o que Deus nos di, é a mellor decisión que podemos tomar. Sen ningunha dúbida.

Te puede interesar