Opinión

Vivir sen medo

No amor non hai temor. O amor perfecto bota fóra o medo” (1 Xoán 4:18) 

Todos procuramos ser amados, saber que alguén nos quere dun xeito incondicional. Do mesmo xeito nós tamén pensamos en dar o mellor que temos para aqueles que amamos. O problema, di Xoán na súa primeira carta, é o noso egoísmo e o medo. Pensamos sempre en nós mesmos en primeiro lugar e temos medo a ser desprezados por outros.

   O apóstolo explica que o verdadeiro amor bota fora o medo. O amor de Deus é así! Cando vivimos nese amor inquebrantable, transformamos o mundo porque aprendemos a axudar a todos, e entregarnos a todos. Xoán explícao dun xeito moi preciso: “Soubemos o que é o amor desde que El deu a súa vida por nós, e entón decatámonos de que nós temos que dar a vida polos irmáns” (1 Xoán 3:16). Ese dar a vida por outros implica máis que axudar: ten que ver con facer todo o posible por salvar a vida dos demais, dando o noso propio sangue, por exemplo, cando alguén o precisa.

Te puede interesar