Opinión

A fe

É moi común escoitar que as persoas perderon a fe. Pero é imprescindible para poder achegarnos a Deus. E non vale calquera tipo de fe. Só cando depositamos a fe en Xesús ábrese o camiño ao Pai. Porque a través da fe acadamos a Graza que Deus nos ofrece. Ese regalo que se nos da, supuxo para Xesús o seu sacrificio, pagando o prezo que non podiamos pagar. Os nosos pecados afástannos de Deus e sen Graza estamos perdidos.

Como podemos saber que a fe é auténtica? Cando as obras da fe son acordes coa vontade de Deus.

“...a fe, sen obras, está morta en si mesma” Santiago 2:17. Entón as obras da fe dan testemunha de que alcanzamos a Graza. “ Porque pola graza sodes salvos, por medio da fe; non ven das obras, para que ninguén se gloríe”. Gálatas 2:8-9

Te puede interesar