Opinión

A fonte

“Mais aquel que bebera da auga que eu lle der nunca terá sede…” (Xoan 4:14)

A Biblia contén multitude de frases metafóricas que axudan a entender cousas transcendentes que non coñecemos. A fonte na que podemos acreditar é a propia Palabra, que é “ viva e eficaz, e máis cortante que calquera espada de dous gumes...” segundo nos fala o libro de Hebreos. Por iso, no texto de hoxe hai unha semellanza entre ter sede, e ter un corazón baleiro. A auga que emana da fonte pode apagar a sede para sempre, ao encher as vidas e os corazóns. O Espíritu de Deus cumple esta función ao nos convencer de que somos pecadores. Só cando bebemos das relixións ou das imaxinacións dos nosos corazóns, a sede permanece. Ademáis, esta auga é por graza, senón só os ricos poderían mercala.

Te puede interesar