Opinión

A graza de Deus

“Porque coñecedes a graza do noso Señor Xesús Cristo…” 2ª Corintios 8:9

O termo “graza” é moi usado na Biblia e posúe diferentes acepcións. Do grego ( Charis) pode significar encanto, favor, bendizón ou agradecemento. Pola Graza Deus mostra a súa bondade no Antigo Testamento, cando expresa o seu desexo de que os homes muden os seus camiños e a súas vidas ( Ezequiel 18:23). As persoas, para seres xustificadas ante Deus polas obras, terían que ser perfeitas. Como iso é imposible deu a salvación por graza. O versiño de hoxe continúa decindo que por amor ás mulleres e aos homes fíxose pobre, sendo rico, e pola súa pobreza todos os que o reciben, son enriquecidos. Por outra parte, hai moita xente que non quere ese agasallo. Prefiren dirixir as súas vidas e continuar enfrentándose a Deus, anulando a graza que Deus da. Ao fin, túa é a decisión.

Te puede interesar