Opinión

A negación

“...antes que o galo cante dúas veces, has negarme tres” 
Marcos 14:30


Estas palabras de Xesús ao apóstolo Pedro teñen dado a volta ao mundo moitas veces. Pode parecer que todos os demáis estaban calados cando Xesús lles decía que o ían deixar só, cando fose arrestado, pero o que si levou a iniciativa foi Pedro, ao afirmar “Aínda que todos se escandalicen, eu non”; e por iso Xesús se dirixe a el con estas palabras e este exemplo. 

Cantas veces ouvimos cantar un galo? Se é así, sabemos que canta varias veces e con intervalos pequenos de tempo. Xesús sabía, que a negación de Pedro ía ser de tres veces en poucos minutos.

Negar a Xesús non implicou traizoar a Xesús. O perdón de Deus alcanzaría tamén a Pedro e aos seus compañeiros. Era necesario que Xesús ficase só ante o sacrificio da Cruz e que resucitase ao terceiro día. É preciso para nós alcanzar ese mesmo perdón.

Te puede interesar