Opinión

A profecía

“... ningunha profecía da Escritura
é de interpretación privada”
2ª Pedro 1:20

Este versiño contén unha palabra que ten dous significados importantes, pero que por abuso da linguaxe, pasamos por alto. Trátase do termo “ profecía” que no orixinal grego deriva de “pró” (antes) e “phemí” (aclarar algo). Na Biblia podemos entender a profecía como algo que Deus pensa, ou como unha predición de algo. Nos dous casos intervén o poder de Deus e non o parecer humano.

Polo regular, quedámonos co segundo significado e facemos contas para saber o noso futuro, poren o que nos querer mostrar Deus é que todas as súas promesas foron puntualmente cumpridas e que podemos confiar nel.

Examinar a Biblia non é interpretala ao noso interés. A mesma Palabra de Deus nunca se contradice e fálanos de que a verdade está en Xesuscristo. Ese home que naceu en Belén de Judea era o Fillo de Deus e veu cunha misión concreta. A derradeira parte desa historia está por chegar, cando veña outra vez a esta Terra. Estás preparado?

Te puede interesar