Opinión

A provisión de Deus

Vendo a multitude tivo gran compasión deles porque andaban abandoados e errantes, como ovellas que non teñen pastor
(Mateo 9:36)

Este versiño fala de como Xesús ensinaba aos seus discípulos de que as persoas estaban perdidas. Fai a comparación con ovellas, pois son animais moi torpes e senón andan co rebaño, despístanse e pérdense. Desa forma quixo Xesús mostrar a necesidade de pregar o Evanxeo en todos os tempos. A boa noticia era el mesmo. El é o bo pastor, que da a súa vida polas ovellas que eramos, e somos, nós. Por iso, cando queremos que Xesús guíe as nosas vidas e sexa o noso Pastor, non precisamos de nada máis. Ao crer nel e depender del temos un camiño verdadeiro e vivo. ( Xoan 14:6).

Xesús tiña compasión da multitude porque é amor. A xustiza de Deus cumpliuse en Xesús e como regalo diunos a vida eterna. Non o rexeites, pois é para sempre.

Te puede interesar