Opinión

Amigos de Deus

“...xa non vos chamarei servos, porque o servo non sabe o que fai o seu señor, pero chamareivos amigos…” 

Xoan 15:15


Ser amigo de Deus implica coñecelo persoalmente. Iso é posible porque el se achegou ás persoas e ama ás persoas. Por outra parte detesta o pecado e non pode haber pecado na súa presenza. Calquera que non é amigo de Deus é escravo do pecado. Cando iso muda, as persoas pasan a ser servos de Deus, pero Xesús considera que son os seus amigos porque todas as cousas que ouviu do seu Pai, manifestoullas aos seus amigos. O servo limítase a cumprir ordes, non ten capacidade de decición sobre as cousas que ten en mente o seu señor. Xesús revelou os plans do seu Pai para establecer o seu Reino. Un Reino que non terá fin (Lucas 1:33).

Te puede interesar