Opinión

As parábolas

A vós vos é dado saber os misterios do reino de Deus, mais aos que están fora,
todas estas cousas por parábolas. Marcos 4:11

Un dos recursos didácticos elexidos por Xesús foron as parábolas. En pequenos relatos trataba temas da vida diaria da aquela sociedade. Así explicaba algunhas características do reino de Deus.

Por outra parte, e isto chama moito a atención, só quería dirixirse aos que querían aceptar a mensaxe. Deste modo, podemos entender a parte do versiño que dí “...mais os que están fora, todas estas cousas por parábolas”. “Os que estaban fora”, ouvían e non entendían nada.

As parábolas tiñan que ser explicadas e só o facía con aqueles que o recoñecían como fillo de Deus.

A mesmas parábolas peneiraban o auditorio de curiosos e estranos que non acreditaban no Mestre.

Porque sen fe é imposibel agradar a Deus (Hebreos 11:6)

Te puede interesar