Opinión

Cen anos coa Biblia en Ourense

“Señor, ti tes sido o noso refuxio de xerazón en xerazón”. Salmo 90:1

Estas verbas serven de testemuña para moitos. Desde que os protestantes se asentaron na cidade das Burgas, pronto fará 100 anos, Deus foi sempre o seu refuxio. O pobo da Biblia nunca poderá esquecer a protección e bendizón do Señor. Na antiga rúa Raiña Victoria, hoxe rúa Julio Prieto Nespereira, xuntábase un grupo de persoas que lían a Biblia sen notas nen comentarios. Tamén cantaban e oraban, mais nese local non había nen imáxenes para venerar, nen espazos para se confesar. Os vecinos ollaban con curiosidade e algúns entraban e escoitaban os primeiros textos da Biblia en castellano, sorprendidos de que non fosen en latín.

O pastor da igrexa era inglés de nome Arturo Chapell. Anos máis tarde marcharía para Madrid por motivos de saúde, pero un grupiño ficaba ao coidado doutros misioneiros: os Woodford.

Te puede interesar