Opinión

Encrucillada

Hai algúns días caeu nas miñas maos o último número da revista Encrucillada. Esta revista está chea de persoas que fan unha aposta importante pola reforma da igrexa Católico Romana. Aínda que algún deles sigue unha tendencia liberal, a maioría fai un esforzo en contrastar as “normas” da igrexa romana, cos textos das Sagradas Escrituras. Este feito leva a que me pare nalgúns artigos que son vitais para o desenvolvemento espiritual de calquer persoa. Sexa o non sexa crente. Permítanme recalcar que non falo de dogmas nen de relixións con intencionalidade, senon de normas da igrexa e de espiritualidade, conceptos admitidos por ateos e agnósticos.

Encrucillada nace hai máis de 40 anos e actualmente saen á luz 5 números ao ano. Así, topo un artigo de Xosé Antón Miguélez Díaz baixo o título “Carta do Deus de Xesús para encontrar o tesouro do perdón”. Desta forma valente, o autor lee unha carta que o Pai escrebe a todos nós. E como sería moi tedioso falar de todo o que nos dí, farei un pequeno resumo comentando algún dos puntos clave. Vaiamos por partes.

A carta comeza cunha introdución e destaca o seguinte:” para atopar a miña graza do perdón considera a súa calidade e acóllea mergullándote en Xesucristo, no seu Espírito e na súa lgrexa”. En Xesús, o Pai ofrece un tesouro seguro que poderás adquirir sen diñeiro (Xoan 7:37-38; Mateo 10: 8; Tito 3, 5), coa fe humilde de quen se pon na súa escoita e seguimento (Filpenses 3: 7-9). No Crucificado entregado por todos e Salvador por excelencia, o Pai ofrece unha rexeneración profunda que experimentarás non só como cura ou alivio parcial, senón tamén como salvación vital que reordena e dá sentido ao teu corazón e á túa vida (Lucas 19: 1-10).

“Para atopar a graza do perdón nunca poñas en dúbida que eu perdoo sempre (Lc 6:35) porque amo sempre (Jn 17: 23). Para atopar a graza do perdón alimenta sempre o desexo de perdoar sempre coma mín. Mateo 18:21-22. Para atopar a graza do perdón ábrete ben aos teus irmáns necesitados (Santiago 2: 14-I7). Para encontrar a liberdade do perdón aprende a desconfiar de tí mesmo”. O Pai non desexa o noso desacougo e ofrece paz e seguridade (Mateo 14:22-31). Por iso nos pide que non nos apoiemos en nós. “Facer caso do mundo que nos dí que se dubidas de tí mesmo vante comer”..., é defender a autoestima sobre todo o demáis. “ Para encontrar a liberde de perdón tes que renunciara exercer de xuíz das culpas”. Para penetrar na fondura dos corazóns só o Pai ten capacidade (Lucas 6:37; Santiago 4:11-12). So Él pode medir con xustiza as forzas, as posibilidades, as luces, as culpas, as intencións, a liberdade de cada persoa. Nós unicamente podemos aproximarnos, e moitas veces nos equivocamos.”

Para atopar a graza e a liberdade do perdón temos que saber darlle o tempo, e luz, e os pasos necesarios á reconciliación”. Moitas veces confundimos, e nos confunden algúns teólogos, en que perdoar é esquecer. Mixturando a amnesia (falta de memoria), coa venganza, o odio ou a xenreira. Deus perdoa, e cando dí que non se lembra dos pecados, é porque xa non teñen efecto sobre nós. A paga é morte e Cristo pagou por os pecados. O amor de Deus ve o pago dos pecados e déitaos no profundo do mar. “Para atopar a graza do perdón pídelle a Deus que che axude” (Mateo 7:7). Se tanto mal che fixeron e non podes perdoar, pídelle ao Pai que polo seu Espíritu te axude. Non te segas a destruir interiormente.

Se somos capaces de aceitar estas premisas, seremos quen de axudar a transformar a nosa sociedade nun entorno máis xusto, alcanzando a graza do perdón. Vivir con xenreira é imposibel.

Te puede interesar