Opinión

O sal da terra

“Vós sodes o sal da terra...” (Mateo 5:13)

Nos capítulos 5 ao 7 do libro de Mateo, encontramos o sermón que Xesús pronunciou nun monte a unha multitude no comezo do seu ministerio. Dirixíndose ao seu pobo, o mestre sabía que había ser rexeitado sen razón. Veu para o que era seu e os seus non o receberon (Xoan 1:11), pero a todos os seus fillos lémbralles que son o sal neste mundo. Este elemento era moi usado e coñecido por todos. Non só para dar sabor, senón tamén para conservación e sustento. Os que non aceitaban a mensaxe do Evanxeo perdían o sabor. Volvíanse insípidos. Xa non tiñan utilidade.

Con esta comparación, mulleres e homes pódense decatar da responsabilidade e necesidade de predicar o Evanxeo a todos o que se sinten perdidos. Moitos corazóns valeiros seguen buscando paz, alegría e felicidade, pero nunca chegará senón queremos que Deus nos limpe de pecado e dirixa as nosas vidas.

Te puede interesar