Opinión

Pezas da Fundación Otero Pedrayo

A ideia de apresentar cada mes unha peza da Fundación Otero Pedrayo está a ter un éxito rotundo. Nesta altura, no mes de febreiro, tratouse dunha peza de cerámica titulada “ Gaucho a caballo”, diseñada por Luis Seoane. Para a presentación sempre escollen a un experto, que ten unha pequena ponencia. Salvo algunha excepción, todos preparan de xeito didáctico a presentación, o que incentiva aos asistentes a fazer preguntas e iniciar un debate final que é moi enriquecedor. 

Nesta peza que nos ocupa saíu a empresa Celtia, que nasceu da mao do artista Díaz Pardo alá polo ano 1956 no Río da Plata. A marca “Porcelanas de Magdalena” exportaba vaixelas e xogos de café, nas que o propio Isaac Díaz Pardo era o diseñador. Pronto entraron a traballar novos artistas coma Luis Seoane, Laxeiro e Geno Díaz, pero deses diseños aínda sobrevive na Fundación Otero Pedrayo “o gaucho”. Seica tiña caído ao chao varias veces, e nesas sufriu algunhas roturas. Poren a Fundación conservaa con moito coidado. Estas figuras fixéronse para ofrecer motivos característicos de Arxentina, mostrando a súa riqueza cultural. O ponente convidado,  Carlos L. Bernárdez, profesor, ensaísta e escritor galego, fixo unha exposición amena e intelixente, introducindo a obra aprensentada no contexto da fábrica na Arxentina. Tamén mostrou fotografías de moito interés histórico.

Con esta presentación xa son moitas a pezas que a Fundación Otero Pedrayo saca á luz pública, sen complexos. Entre elas quero destacar a pintura de Castelao “O souto dos gatos”, sempre de difícil interpretación, ou o mapa de Fontán, que preside o salón da Casa Museo de Trasalba. Este mapa presentado a María Cristina de Borbón en 1834, foi impreso en 1845, e segue a ser unha das mellores xoias patrimoniais.

Haberá que esperar outros obxectos nos vindeiros meses, que case sempre se presentan no Liceo ou en Trasalba, dous espazos espectaculares.

Te puede interesar