Opinión

A propósito de Clara Wieck

Este próximo 20 de maio de 2020 haberá 124 anos que finou Clara. Así a chamaba o seu benquerido compañeiro Robert Shumann, que a coñeceu de nena, cando vivía na casa do seu pai Friedrich Wieck. Según contan, era unha muller fermosa con ollos grandes e rasgados, tez mate e cabelos de azeviche. Ademáis tocaba moi ben o piano e acadou a fama que o público tiña privado ao seu pai. A pesar de ser culto e ter estudado para o sacerdocio, non duvidou deixar tamén os estudos de Teoloxía para chegar a construir pianos. O seu carácter de fel contribuiu romper a relación entre Clara e Shumann por algún tempo.

Os mozos loitaron polo seu amor coa esperanza de poder furar a muralla que os separaba. O vello Wieck enviou a Clara a vivir a Dresde. Shumann toleou,  pero escrebeulle cartas a esgalla. Un día, de súpeto, as cartas cesaron e houbou un silenzo de dúas semanas. Pasado este tempo chegaron dúas ao mesmo tempo. Sen pensalo dúas veces abriu a primeira e era de Clara, decíndolle que viaxase a Dresde porque o seu pai ía de viaxe. Cunha alegría inmensa case esquece abrir a outra carta. Viña de Zwickau e decía que a súa nai finara de repente. Shumann non sabía que facer.

Esta historia lémbrame a tantos e tantos casos que acontecen na vida diaria. Como somos capaces de buscar un obxectivo con todas as forzas, e cando xa o temos moi perto, semella como se  desaparecese de nós nun segundo. Existen decisións puntuais que dependen das persoas e que poden determinar o resto das súas vidas. Por iso de pouco vale que aos que non honramos no seu día lle levemos flores ao cemiterio, nen que aos que non valoramos lle escrebamos obituarios para facer recoñecementos estériles, (así o deixou ben claro Ben-Cho-Shey na súa lápida), pois sabemos que chegan tarde e non poden facer que as conciencias calen. Na nosa historia Clara recebeu a visita esperada e consoou a Shumann polo pasamento da súa nai. O relato remata coa boda de Clara e Shumann a pesar de que o vello Wieck os denunciase nos tribunais alegando até 12 causas polas que non podían casar.

 O amor da parella sufriu varios episodios fatais. Shumann era un compositor excepcional valorado por moitos, incluso por Liszt, que o incluía no seu repertorio, pero sentía ciumes da súa amada Clara. Xa dixemos que era unha pianista excepcional, e a pesar das moitas zancadelas que lle puxo o seu pai, superounas. Nos concertos de Clara, o seu pai crea un grupo de amigos para que se levanten no intermedio e marchen da sala, pero ella sigue triunfando. Incluso cando cambia o piano por un instrumento vello, o éxito é rotundo. Shumann ao ver esto, non podía permitir que unha muller lle fixese sombra. “Es nai antes que artista...” “Tes que saber retirarte a tempo..” dicíalle o compositor, poren os ingresos económicos viñan dela e non del. Shumann tivo que agachar a cabeza e recoñecer o seu erro. Por todo o que amaba pediulle perdón: “ Es unha santa e eu teño que me por de xeonllos ante tí”. “Es mil veces máis grande ca min”. “ Son un egoísta”. Desde aquela e tamén por outras causas, Shumann recupera a súa creatividade como compositor. Hoxe é un dos grandes. Pola súa parte Clara foi unha virtuosa que até algúns doces e pasteis chegaron a levar o seu nome.  Logo foi esquecida por moitos salvo por Brahms, que despois do pasamento de Shumann, cumpliría  o obxectivo de ser o seu compañeiro. Pero esa é outra historia para reflexionar, meditar e pensar no que moitas mulleres sufriron, a pesar de ser as mellores.

Te puede interesar