Opinión

O protestantismo cumple 500 anos

Cando falamos de cultura, temos que ter en conta a evolución do termo como tal. Desde Cicerón, que o consideraba como “cultivar o alma”, até o século XVIII no que se fai fincapé en “cultivar o espíritu” aconteceron moitos feitos salientables. Cada un destes eventos buscaban a liberdade do home. A relixión controlaba a mente e impulsaba uns valores inexistentes. Proba delo é o estado da sociedade nos séculos anteriores ao Renacemento. Así, entre o Imperio Romano e o citado século das luces, irrompeu na historia a Reforma protestante, que mañá cumple 500 anos. Antes dela só existía Roma e os estados. O sincretismo entre o poder político e relixioso foi grazas a Constantino, que se converteu ao cristianismo. Moito máis coñecido que Teodosio, que o levou adiante como relixión do imperio. A Igrexa primitiva, fundamentada na mensaxe de Xesús, estaba tan pervertida que calquera parecido coas Escrituras (coa Biblia) era un puro espexismo. Roma e o papa acumulaban riquezas e esclavizaban a millóns de seres humanos coa venda de indulxencias, conducíndoos a unha vida de pecado. 

A Reforma tivo numerosos antecedentes: Prisciliano (axusticiado en Tréveris no ano 385); os valdenses do século XII; John Wyclif, reformador ingleś do s. XIV; Juan Huss, condeado o 6 de xullo de 1415... Logo chegou Lutero e traduciu a Biblia ao alemán no castelo de Wartburg. Así se normativizou a lingua alemana. Deste modo, o concepto da cultura mudou. Entendeuse como o conxunto de tradicións e manifestacións artísticas, ideas, costumes e facultades intelectuais adquiridas polo estudo e o traballo. A Reforma foi a fonte do Renacemento. As persoas comezaron a pensar, ler e entender que Deus é amor. Xa podían ler a Biblia na súa propia lingua, descubrindo nela que por graza somos salvos, e non por obras. As manifestacións artísticas naceron de novo. As persoas xa eran libres para decidir se querían o regalo de Deus, o Evanxelio, ou preferían seguir buscando no interior dos homes. 

Hai cinco séculos, Martín Lutero cravou as súas 95 teses na porta da igrexa da Universidade de Wittemberg. Ese día, o 31 de outubro de 1517, comezou a Reforma protestante, e para celebralo moitos países do mundo, entre os que destaca o Vaticano, emitiron un selo de Correos. En España non foi posible, pero no selo do noso veciño Portugal podemos leer: “Um construtor da modernidade. Lutero. Teses. 500 anos”.

Te puede interesar