Opinión

Que é crer no Evanxeo?

O tempo está cumprido; 

o Reino de Deus achégouse; 

convertédevos e crede no Evanxeo. 

Marcos 1:15

Segundo os plans de Deus, Xoán tiña que anunciar a súa vinda. Xesús feito home, viña a este mundo para traer a Boa Nova. Esa é a tradución da palabra Evanxeo. Por iso, o tempo estaba cumprido, e Xoán desaparece da escena principal. Por outra parte, crer no evanxeo non é outra cousa que nacer de novo, e dicer, ser unha nova persoa. Calquera que cre en Xesuscristo convértese da vida pasada e acredita que Xesús, ademáis de ser o fillo de Deus, é Deus, e ten vida eterna. Este era o mensaxe de Xesús e na Galilea comezou a difundilo, seguindo a profecía de Isaías: “ O pobo que xacía en oscuridade, viu unha gran luz…”

Te puede interesar