Opinión

Que é o ben?

“Moitos son os que din: quen me mostrará o ben?” 
Salmo 4:6

Diferenciar o ben do mal pode parecer sinxelo, pero para moitos non o é. No salmo 4 topamos unha pregunta que fan moitos, porque seguen na procura da felicidade. Se analizamos os versiños 7 e 8 do mesmo salmo, observamos que a abundacia de comida e bebida non eran comparabeis coa luz do Señor cando enche as vidas das persoas. Como pode acontecer isto? Como deixar que os nosos corazóns coñezan a luz de Deus?

Esa mesma pregunta fixo Nicodemo a Xesús. Foi de noite para non ser visto, coa curiosidade dalguén que precisaba ter paz consigo mesmo e con Deus. Xesús díxolle:Tes que Nacer de Novo. Non chega con deixar todo nas maus de Deus e seguir na vida de antes. Só El pode “perdoar pecados e librarnos de toda maldade” 1ª Xoan 1:9

Te puede interesar