Opinión

Alcázar de Milmanda

20190314202228849_result

Os castelos, fortalezas, torres, casas fortificadas, pazos, casas grandes ou casares en Galicia forman parte indiscutible na nosa paisaxe do mesmo xeito que da historia. Foron e son mudas testemuñas dun pasado histórico que sufriu numerosas vicisitudes ao longo do seu dilatado período de existencia. Moitos desapareceron e a grande maioría, na actualidade, permanecen abandonados ou utilizados como novas construcións; outras, tras sufrir importantes procesos de restauración, utilízanse con fines recreativos, de orde gastronómico ou turismo; algunha delas convertidos en paradores de turismo ou ben como lugares de recreación histórica ou de marcado encanto.

O nome de alcázar, de clara influencia mozárabe, ven do árabe “alqsar”, co significado de fortaleza ou palacio real; namentres que Milmanda, do orixe latino “milvus”, se asimila a montes fortificados ou sinónimo de aves de presa. 

O desaparecido Alcázar de Milmanda atopábase magnificamente emprazado sobre un cerro, a 700 metros de altura, rodeado do río Tuño, afluente do Arnoia. Construído sobre unha cidadela romana no século X, pertenceu de xeito xurisdicional na súa orixe ao poderoso e cercano mosteiro de Celanova. No século XII, reconstruído polo rei Alfonso VII, cedeuno en señorío a Sancho Eanes, cuarto fillo de Fernando Eanes, coñecido como gran capitán. En xuño do ano 1199, Alfonso IX concedeu como novo foro de Milmanda, abarcando un extenso territorio comprendido entre as terras do río Arnoia e mais o que restaba como fronteira cas cercanas terras portuguesas. Pasados cento setenta anos, Fernando I, co apoio da nobreza galega, creou corte en Milmanda, de xeito concreto, en maio do ano 1369. Destruída a fortaleza pola Revolta Irmandiña, tralo fracaso da mesma no ano 1475, reconstruíuse novamente de xeito obrigado polos propios veciños da bisbarra que tomaran partido na desfeita.


Peza estratéxica


No 1550, segundo o licenciado Molina, Milmanda era unha das principais edificacións militares máis prósperas entre as fortalezas existentes en Galicia, acrecentado o seu valor pola importante misión de vixiancia da cercana fronteira co pais veciño no período comprendido entre as dúas guerras hispano–portuguesas como consecuencia da incisión de España, no ano 1641 e da sucesión, no 1701. 

No decurso do século XVIII comezou a decadencia da fortaleza, ocupando o seu solar, no ano 1776, a igrexa parroquial de Santa María do Alcázar de Milmanda, segundo consta na inscrición existente na súa fachada, desaparecendo como consecuencia do feito a antiga estrutura arquitectónica: torres e murallas da que só actualmente se conserva como restos medievais pequenos elementos construtivos da fortaleza incorporados na estrutura da actual igrexa: porta medieval de subida a única da torre, actualmente coroada cunha espadana composta de dous ocos.

Te puede interesar