Opinión

O remodelado parque da Alameda do Cruceiro

OURENSE. 16/08/2018.Nuevo parque infantil de calle concejo .Iago Cortón
photo_camera Vista do novo parque da Alameda do Cruceiro.

O xardín histórico é un espazo resultante da ordenación polo home de determinados elementos naturais ás veces complementado con estruturas de fábrica que estimulan e acrecentan o interese en función da súa orixe ou pasado histórico, ao que se suma aqueloutros valores, tanto de carácter estético como sensorial ou botánico, podendo contar ou non ca presenza de determinados elementos ornamentais sen esquecer, por outra parte, aqueloutros de singular relevancia que lle da prestancia ao lugar. A lexislación española recolle na Ley de Patrimonio Histórico Español, no seu Título II, art. 14, o seguinte: “Los bienes inmuebles integrados en el Patrimonio Histórico Español pueden ser declarados Monumentos: Jardines, Conjuntos y Sitios Históricos, así como zonas arqueológicas, todo ello considerado como bienes de interés cultural”. 

Situado no remate ou inicio da rúa do Progreso, moi preto dun dos símbolo da cidade de Ourense, a vella Ponte Romana, a carón do antigo Palacio de Xustiza, atópase a Olmeda do Cruceiro, nome debido á existencia do cruceiro barroco que, tralo seu traslado á bonita praza da Madalena o substituíu outro exemplar de corte moderno. Tamén é coñecido este espazo como Parque Infantil debido a que no seu día contivo un pequeno parque infantil ocupado, nalgunhas ocasións, durante as festas maiores da cidade, pola instalación da carpa do circo da Cidade dos Muchachos. 

Orixinalmente o parque, de igual xeito que moitos outros existentes na capital, ocupou un solar de maior superficie co actual perdendo paulatinamente o seu espazo tralo trazado da estrada nacional 120 cara a Castela, no ano 1854, ademais do solar destinado ao vello Pazo de Xustiza, constituíndo, conxuntamente cos parques máis importantes da cidade: Xardín do Posío, Campus do Hospital, praza do Bispo Cesáreo e xardín do Padre Feijoo, un dos céntricos lugares preferidos para o lecer mailo descanso dos ourensáns. O nacemento do recinto debeuse a iniciativa do por entón alcalde de Ourense e xeneral do Exército español, Enrique Alonso Cuevillas (1962-1963), nacendo o proxecto da man do axudante do arquitecto municipal e, á súa vez,  funcionario do Concello de Ourense, Alejandro Rodríguez Veiras, no decurso do ano 1963. No 1993, con ocasión da construción no seu subsolo dun estacionamento subterráneo, o recinto sufriu un grande proceso de remodelación que modificou, de xeito moi notorio, pero non satisfactorio, a estrutura orixinal do recinto do mesmo xeito cas construcións circundantes que mudaron notoriamente o entorno paisaxístico do parque que ocasionou o seu deterioro paulatino. 

O novo parque, o primeiro inclusivo de Galicia que conta cunha importante zona dedicada ao ocio mailo lecer é accesible tanto para adultos como para menores con mobilidade reducida, conta con  orixinais elementos de recreo, singulares e pioneiros en Galicia: tirolina dobre, de corenta metros de largo, actualmente considerada como unha das máis grande das existentes na nosa terra; espazo activo para xogos e actividades acuáticas para nenos en idades comprendidas entre 0 e 12 anos, de 162 m2. circuíto de splashpad composto de chorros, canóns e arcos de auga, desenrolado por unha solvente empresa canadense especialista en traballos aplicados tanto no ámbito municipal para a súa utilización tanto en parques públicos como en hoteis, constituíndo toda unha novidade como elemento refrixerante imprescindible nunha cidade como a de Ourense, sumamente calorosa con temperaturas excesivamente altas no período do verán, ca posibilidade de transformación en fonte nocturna luminosa durante o inverno que conta cun moderno circuíto pechado de auga tratada e clorada que permite, en todo momento, un perfecto control do seu PH. A moderna e orixinal calisternia, outro dos singulares aparellos de xogo habilitado tanto para aquelas persoas discapacitadas como reforzo da súa musculación ademais de fomentar a práctica de todos aqueloutros deportes considerados de grupo social ou tribal dirixidos fundamentalmente cara a xuventude tendentes á potenciación os verdadeiros valores que teñen como meta ao afastamento do consumo de drogas mediante a práctica dos deportes urbanos, seguindo a filosofía ecolóxica de considerar o propio corpo como o mellor ximnasio, técnica coñecida como “deporte por ti mesmo”, moi tradicional na cultural oral e urbana nos EEUU O parque tamén conta con xogos de corda, tobogáns e columbios, sen esquecer, aqueloutros máis tradicionais pintados sobre o propio chan que permiten o xogo tradicional do truco, as chapas mailas buxainas. 

A superficie total do recinto distribúese da seguinte maneira: 4.446 m2. ocúpanos propiamente o parque e os 992 restantes corresponden ao espazo axardinado en torno ao edificio de Xustiza, sumando ambos un total dunha superficie de 5.438 m2. A remodelación do parque correu a cargo da empresa Explotacións Medioambientais S.L. seguindo a directrices de Diego Conde, aplicando as ideas aportadas polo director creativo do proxecto, Carlos Cárcamo, enxeñeiro de xardíns e funcionario xefe responsable da Área de Parques e Xardín do Concello de Ourense. O custo total das obras supuxo un gasto de 459.619.11 euros compartidos integramente entre o concello da capital das Burgas maila xenerosa axuda da Deputación Provincial de Ourense. 

(1.) R. García, Vicente: “Flora Ornamental Auriense”. Duen de Bux. Ourense. 2008.

Te puede interesar