Opinión

Ruta dos viños de Galicia e Norte de Portugal

Se o noroeste de España é distinto do resto do país é, sen dúbida, a causa do seu clima, influenciado pola proximidade do océano Atlántico e máis do mar Cantábrico.

Atopámonos en tempo de vendima e bo será dedicar un traballo xornalístico a esta importante fonte de riqueza que atesoura a nosa ben querida Galicia. Co obxecto de dar a coñecer e potenciar o importante mercado do viño tanto na Galicia interior como exterior, contando ca valiosa axuda das terras vinícolas do norte do país irmán, Portugal, a Xunta de Galicia, ca inestimable axuda das diversas denominacións de orixe existentes, creou, dun tempo a esta parte, a denominada “Ruta dos Viños de Galicia e do Norte de Portugal”, para elo contou ca valiosa axuda da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, que, en cooperación internacional cos nosos veciños do norte portugués, deseñaron a posta en marcha de determinadas rutas relacionadas co interesante mundo vitivinícola ca xa operativa “Ruta do Viño do Ribeiro”, en Ribadavia, completándose deste xeito a promoción e difusión deste importante sector vital para a nosa economía.

A promoción do denominado enoturismo, mediante a creación e difusión de productos innovadores ao que se suma outros importantes factores, constitúe un atraínte punto de captación de turistas que suporá un notable incremento no valor na demanda, ademais de dar a coñecer a importancia dos nosos caldos fora e dentro da nosa terra. 

O belo paisaxe no que se asentan os viñedos, a súa cultura, a arquitectura, tanto civil como relixiosa, ao que se suma a historia e tradición, suporá un importante aporte á xa de por si atraínte gastronomía que garantirá o elevado  pulo económico de cada unha das nosas zonas vitivinícolas.

Seis son las denominacións de orixe desta imprescindible peza clave dentro deste importante complexo agro-alimentario galego-portugués: Monterrei, Rías Baixas, zona portuguesa raiana co río Miño, Ribeiro, Ribeira Sacra e Valdeorras.

As tendencias do consumo deste importante elemento imprescindible nas boas mesas gastronómicas está a crecer a pesar da evidente competencia da cervexa. Mudou moito nos últimos anos o consumo denominado dos viños comúns medrando, por contra, a elección dos viños de calidade, fundamentalmente estes últimos acollidos baixo o amplo paraugas das diversas denominacións de orixe existentes. 

De igual xeito está a cambiar o interese dos consumidores polo coñecemento de todo aquilo que rodea ao interesante mundo do viño a viticultura, enoloxía así como da conservación destes importantes valores asociados aqueloutros de orde culturais ou etnográficos asociados aos diversos territorios produtores destes excelentes caldos de calidade. 

Galicia mailo norte de Portugal teñen todas e cada unha das condicións imprescindibles para establecer o desenrolo dun viño autóctono como excelente produto turístico de calidade, boa proba o constitúe a presencia das seis importantes denominacións de orixe nas que se inclúen a redor de 9.300 hectáreas de viñedo explotadas por máis de 17.700 viticultores que almacenan con cariño o seu produto de calidade no interior de 485 adegas perfectamente acondicionadas para a súa correcta conservación antes da súa saída cara o exterior.

Te puede interesar