Opinión

Galiza always

Na lingoa do bardo inglés, o idioma dos negocios, a filla de Xan pensaba nunha ‘Galiza synonym of trust’, cargada de recendos e harmonías como a Ofelia da rima becqueriana. Pensaba: “No hay empresas grandes ni pequeñas, sino empresas rentables y no rentables; la clave está en que confíen en nuestros productos”. 

Pensaba que este pequeno recuncho ao noroeste da Península Ibérica era case tan grande como a Dinamarca de Hamblet; que posuía  unha suculenta despensa marítima, unha bodega pouco a pouco renacida e unha materia prima culinaria á que lle abonda unha folla de loureiro e unha pizca de sal para resultar ambrosía de deuses… Pero os tempos cambian. O polbo á feira non está rifado cos ‘Michelin-starred restaurants’. 

Pensaba nunha agricultura sostíbel; no fomento do consumo interno para evitar o desperdicio de enerxía no transporte: “Los alimentos son más viajados que los propios ciudadanos”, pensaba.

Pensaba que os ‘Consellos reguladores’, as ‘Denominacións de orixe’, as ‘Xeografías protexidas’ tiñan que conxunguir o desenrolo sostible coa máxima calidade dos productos; e en esto tiñan que ver os políticos. 

Pensaba no paradigma da excelencia como ‘product of Galiza’ e como consecuencia da intelixencia colectiva. 

Pensaba no asentamento da poboación rural a través da explotación intelixente do agro.  

Pensaba que os minifundios modernizados, ben xestionados, mancomunados  poderían deixar de ser un mal endémico e compoñer un selo de calidade de alto valor engadido; unha especie de Samsung ecolóxico, tan prestixioso como a marca coreana. 

Pensaba nunha estratexia de innovación e creatividade como factores de cambio: No sector lácteo os queixos por exemplo, qué lle poden envexar os de Arzúa ós fabricados alen dos Apeninos; ¿pero quén non coñece o queixo parmesano?, ¿e por qué os italianos saben engadir valor ós aceites, as pastas, ós vinagres có mito de ‘made in Italy? Pensaba en aceites Abril: o bo camiño.  

Pensaba en que había que mellorala tecnoloxía do sector vitivinícola para que as adegas poidesen fabricar un licorcafé e un oruxo tan afamado como o sake ou como a grappa. En canto ó viño, non se trataba só de vender máis hectolitros, tratábase vendelas denominaciós de orixen ó prezo das dos franceses. 

Pensaba na modernización dos matadoiros e da industria dos elaborados cárnicos; pensaba no porco celta; nos xamóns de marráus cebados con castañas; nas castañas feitas ouro glaseado; nos grelos envasados ó gourmet como os espárragos navarros. 

Pensaba que só có feito de darlle maior valor engadido á produción agropecuaria galega, dobráríanse os postos de traballo e combateríase o envecellemento da poaboación. 

Pensaba en sementar porvir. 

Pensaba: “Antes Galicia producía emigrantes, como nuestro padre; mano de obra barata para exportar a otros países; ahora tiene que producir emprendedores, como D. Eulogio Gómez Franqueira…  “¿En qué piensas?”, preguntoulle o séu irmán. (Ela pensaba no grupo Coren, a estrela que guía ó camiño, que ten por coroa unha cresta, que leva Ourense no nome). “En Venezuela –respondeulle disimulando unha bágoa inoportuna-, allí no supimos sembrar nuestro petróleo. “¿Y por qué lloras?”, quixo saber él. Es que me acuerdo de papá enterrado allende el Atlántico, mientras nosotros triunfamos aquí en su tierra”. 

Choutando dende o leirado, polas fiestras da solaina entrou un aire enxebre de granxa e piñeiral.  Erguíanse cedo: o pouco da preguiza e o moito da cobiza; pronto chegarían os obreiros. Estrumado nunha cama de nubes brancas espreguizábase no horizonte un sol de tempos novos. Inmigrantes no séu propio país, retornados de segunda xeración, os dous hirmáns fundíronse nun abrazo. Ambos  choraban. Tiñan alegre o ‘nunca máis’ e morriñenta a ledicia. FIN       

Te puede interesar