Opinión

Cada moucho no seu souto

Cada día que pasa a política española, no referido a Cataluña, é un claro exemplo do que podemos chamar un esperpento valleinclanesco. E digo isto pois, nesta nosa democracia de claro escuros, que uns deputados electos teñan que ir a tomar posesión do seu escano pouco menos que coas esposas postas, é un indicativo de que algo funciona mal. Polo que neste Estado o que debera solucionarse no ámeto da política, anda a buscar arranxo no eido dos tribunais e iso non augura nada bo.

Un refrán moi galego di que “cada moucho no seu souto”; o que ben a ser o mesmo que: o que ten que arranxarse na política non se pode amañar nos tribunais. A política ten outros camiños e outros tempos moi distintos ós da xustiza. Ademais a xustiza perde cando tenta arranxar o que non fixo a política. Pois a sentenza que salga sempre tera un sesgo politico ó que devalúa o traballo xudicial. 

As razóns de tal afirmación son varias. A primeira é que nada se consigue coa aplicación da forza e de impor a norma cando un sector social moi importante no se identifica con ela. A segunda é que as sociedades, e no seu caso as xentes que as conforman, mudan no seu pensamento é iso hai que telo moi en conta. Polo que si se criminaliza unha forma de pensar como así se fai ó nacionalismo catalán e cos demais, do mesmo xeito habería que criticar ó nacionalismo chamado español. Ou a caso hai un nacionalismo bo e outro malo? 

Pero o que mais chirría na Europa á que pertencemos é que uns presos preventivos que teñen o aval dos electores non estén libres e, cando salga a sentenza do proceso que hoxe se xulga, pois carguen coa sentenza, pero non antes de saber se son ou non culpabeis do que se lles imputa.

Pero así é como están as cousas. Con todo, por máis que moitos se opoñan, cando un sector moi importante da poboación se encalla e apoia unha causa, o asunto acabará nunha mesa de dialogo. E iso non é traicionar España, por moito que axiten e berren ós que falan de aplicar o 155.

Que os cataláns saltaron leis, pois sí, pero todo foi de forma testimonial. Quero dicir que non as fixeron efectivas. Tampouco cambiaron bandeiras nin asaltaron edificios. E iso haberá que telo en conta nese xuizo que sentenzará, feitos de rebeldía e protesta, pero creo, que nunca de golpe de Estado.

En fin, impedir que unhas persoas sen condena poidan exercer como deputados, e se manteñan na cadea polo abuso da prisión preventiva, non fala ben da xustiza e por ende desta España. O descontento catalán tense que resolver falando e con el o problema das nacionalidades e consecuentemente o seu ordenamento territorial dentro do Estado. Admitir a existencia de pobos que queren seguir vivos sen ser asimilados pouco menos que coa forza da imposición nunca foi delito. Ben sei, e así penso, que España debe seguir unida, pero as xentes gañanse buscando empatías e non forzando e impoñendo. E mentres iso non se faga, os conflictos identitarios seguiran encallados e sen unha solución á vista.

Te puede interesar