Hai uns días estiven no xardín do Posío cos meus netos e instintivamente buliron na miña mente cantidade de recordos de tempos pasados. Lembrei aquil Posío dos anos sesenta e setenta; os tempos da mocidade e dos grandes “Asaltos Baile” que alí se facían o chegar a primavera xunto coas berbenas da festas do Corpus. Tamén a miña memoria viñeron as imaxes daquel xardín un tánto bucólico e moi ben coidado. Espazo para as parellas e lugar de moitos amoríos; xardín onde se celebraron os festivais da canción do Miño e onde houbo, posteriormente, moitas actuación de artistas que naqueles anos viñan a Ourense e deixaron recordos en moitos cidadáns da Auria.
Xa andando no tempo, lembrei a inoportuna refoma deste espazo que o goberno do alcalde Manuel Cabezas fixo, na cal taláronse moitas arbores e nada aportou a iste senlleiro espazo público. A non ser que, aquil desarranxo, fora un paso máis que nos levou á actual situación de descuido, degradación e desvalorización.
O actual recinto do xardín naceu no ano de 1846 como un xardín botánico ligado á cátedra de física e quimica e historia natural do instituto que hoxe leva o nome de Otero Pedrayo. Mais, o sentido e o espírito co que naceu, a día de hoxe non figura nin se considera pola institución que o debe coidar.
Pois o Posío é un espazo máis onde a degración, a suciedade e o desleixo campán e están a vista dos cidadáns que aínda o visitan.
Pero, xa nada me desvela nin me asusta neste Ourense ido a menos; pois ó referirme á degradación na que se atopa o xardín do Posío, debo engadirlle á degradación que sofre a Alameda Bispo Cesáreo onde ás árbores secas logo son máis cás que están verdes. Ou a situación da outra parte da Alameda onde iden de iden. Polo que en Ourense, dende hai un tempo, a degradación do medio público abrangue a todo o concello, E é tam brutal que alguén terá que porlle punto final a iste disparate. En fín, empezo a intuir, e como eu moitos ourensás, que, no Concello o goberno municipal, ó marxe do que publicite e do outobombo que empregue, nada de nada se fai. Vamos, nin xiquera se mantén e se coida o que había. Polo que adegradación de todo o público é tan evidente que xa da noxo. Nada está previsto; nada se espera diste noso goberno. E nada hai para presentarlle ós cidadáns. Polo que, intúo que estamos díante catro anos perdidos, catro anos onde soio cabe destacar o desleixo e o avandono como logro. De pena, señor alcalde.