Opinión

E agora qué

Si para algo debe valer a política é para evitar conflitos. O acontecido onte no Parlamento catalán, aínda que foi unha declaración de independencia suspendida, pón de manifesto que os que poideron evitar o choque de legalidades que se dá no Estado, non o fixeron cando podían. O enfrontamento arrinca dos errados pasos que hai anos se deron contra os cataláns. Lembremos que eles refrendaron un Estatuto que logo foi pasado pola pedra do Tribunal Constitucional, atendendo a un recurso do Partido Popular. Lembremos tamén a loita contra o idioma do ministro de Educación e sobor de todo o ninguneo do Goberno de Rajoy cara un pobo pacífico, creador de riqueza que ten orgullo de seu. Mais a dereita hoxe pedía aplicar a legalidade do Estado, e veremos se non é pior o remedio ca enfermidade. Que fai falla agora? Un compromiso serio de que a Constitución ten que recoller as sensibilidades nacionais e falar máis de Estado e menos de nación única, pois o importante é a convivencia pacifica.

E se así non se fai, non tardará moito tempo en que Catalunya termine esquecéndose de España e creando o seu propio Estado. En fin, quédemonos cunha frase: o catastro político tamén se move e nada na vida permanece inmutable eternamente nin merece culto eterno. Ah, e lembremos que agora os pobos non se toman polas armas como noutros tempos. Polo tanto, vexamos a parte positiva e esperemos que se abran portas ó dialogo, pois sempre será bo para todos, cataláns e demais cidadáns que conformamos eso que se chama España.

Te puede interesar