Opinión

"El Chiringuito", por Manuel Herminio Iglesias

Os partidos políticos son agrupacións de xente que, despois de definir un liña ideolóxica e prantexar uns principios que son asumidos pola maioría dos seus integrantes, entran na loita electoral. Como organizacións recoñecidas na lexislación vixente, teñen asembleas e diversos cargos emanados dos estatutos polos que se rexen. Dito isto, dentro desas organizacións fanse comisións para traballar en equipo e prantexar propostas e solucións a problemas nos diferentes ámbitos de actuación social. Á hora facer reivindicacións, estas son meditadas e aprobadas polos diversos órganos partidarios. Ou sexa: non son ocorrencias que unha persoa ten dun día para outro despois de durmir mal unha noite.

Facer un partido político na sociedade en que vivimos non é complicado. O problema é que este teña apoios dos cidadáns e tamén un mínimo apoio económico. Claro que, cando tes un medio de difusión que lanza as proclamas que quere escoitar a xente, que minte con moita vehemencia e ves que as ideas e mensaxes van calando, ate podes ter unha representación e, coa complicidade dos que se agarran ó poder como lapas, poder acadar unha alcaldía sin ser maioritario.

Facer un partido político na sociedade en que vivimos non é complicado. O problema é que este teña apoios dos cidadáns e tamén un mínimo apoio económico.

Pois ven, en Ourense, un chiringuito ó que un grupo de persoas se arrimou, non se sabe por que, proclamou ós catro ventos durante anos que, neste concello, os que estaban todos eran uns frikis; que se subían o soldo ó seu antoxo e ademais que nel roubábase. E con esa linguaxe populacheira, sen ningún tipo de probas, prometeu que ía arranxar todos os males desta cidade en tres meses. Logo, insultando ós adversarios, pactou un reparto de poder coa persoa e o grupo que el tanto criticaba. E chegou á alcaldía. 

en Ourense, un chiringuito ó que un grupo de persoas se arrimou, non se sabe por que, proclamou ós catro ventos durante anos que, neste concello, os que estaban todos eran uns frikis; que se subían o soldo ó seu antoxo e ademais que nel roubábase.

E o resultado vémolo agora. No noso concello, nestes catro anos asistimos á representación en directo dunha película de Torrente. Nela vimos a un alcalde que parecía feliz xogando e medindo o tempo das intervención,; cortando ó que falaba cando lle petaba e soltan do parrafadas e insultos que non viñan ó caso nin tiñan relación co que alí se trataba. Tamén vimos a este alcalde chamándolle matón a un concelleiro da oposición. E poderíamos seguir contando o que neses plenos esperpénticos acontecía. 

Mais pasou que, o que era voz populi na rúa, saiu á luz. Escoitábase que este persoeiro andaba a facer caixa, e como estamos ás portas de termos que votar, pois o pucheiro subiu de temperatura cos audios relatando o que era vox populi. As preguntas que moitos ourensás nos facemos, son as seguintes:

Son os ourensáns tan inxenuos como para ignorar que o sr. alcalde montou un chiringuito chamado partido para mangonear unha institución pública como é o Concello? Son os ourensáns conscientes do deterioro da imaxe que ten esta institución a nivel de todo o Estado? Saben os cidadáns algo da situación económica na que queda o Concello despois dos disparates e gastos que fai este personaxe de comedia?

Son os ourensáns tan inxenuos como para ignorar que o sr. alcalde montou un chiringuito chamado partido para mangonear unha institución pública como é o Concello?

Moitas veces penso que nesta Auria existe un amplo sector social que non aspira a nada. E iso dame moita pena. Un sector social que, co seu silencio, colabora para que esta situación de anormalidade se manteña máis anos. O alcalde desta cidade, no canto de xustificar e defenderse con probas das acusacións desas conversas que relatan escuras mordidas, atacou ós medios e ós demais partidos falando de mafia e de que todos van contra el; segundo di, estamos diante un plebiscito: ou eu ou a corrupción. Mais, cando se circula por unha autovía en sentido contrario, non vale dicir que todos os demais condutores esta errados e que o único que vai ben é o alcalde. O choque con consecuencias moi graves está a punto de acontecer. E iso pasa cando se montan chiringuitos unipersonais que queren ser partidos e só valen pra engrosar a conta do cherif que é o que manda, porque os demais son súbditos por un soldo e colaboradores necesarios pola mordida que pagan. 

Te puede interesar