Opinión

Esperando acontecementos

Todos, no noso percorrido vital, esperamos acadar algunha meta. A vida, a nosa, non tería sentido se non houbera que loitar por algún obxectivo. O parado espera unha oferta boa de traballo que o saque de sentirse inutil e sobre todo buscar o sustento vital. O estudante espera aprobar e mellorar as súas notas; o deportista espera a gloria e o éxito das estrelas; e o mozo anda na procura da media laranxa coa que soña. Todos os humanos esperamos algo e temtámolo conquerir, á nosa maneira. Todos, como meta final, buscamos vivir mellor e a felicidade nesta vida.

Pero, fuxindo dos obxectivos particulares de cada quen, que son moitos e dispares, tamén compre centrarse nas metas colectivas como sociedade; compre pensar no ben común e si se pode soñar coas melloras sociais para arranxar os problemas que temos como pobo ou como comunidade humana. Neste senso, como moitas persoas comprometidas, espero e desexo para a miña terra que se construa unha alternativa política gobernada dende eiquí, para darlle contestación ós graves problemas que ten hoxe Galicia. E para elo, ollo o panorama dos que pretenden ser alternativa ós populares. E nel percibo, en primeiro lugar, ós grupos nacionalistas dispersos, divididos en anacos e na maioría dos casos plantexando ocurrencias ou reivindicacións utópicas que están moi lonxe dos problemas que lles interesan hoxe a maioría dos cidadáns.

Tamén percibo ó que foi o grupo máis importante do nacionalismo anclado nun pasado esperando tempos mellores e a día de hoxe negándose a unha evolución ideolóxica.

Parece que a día de hoxe non hai referentes políticos ós que mirar e de seguir así, o nacionalismo aspira a ser somente puro testimonio. Logo vexo ós que foron e que optaron, claro lexitimamente, por pactar cos movementos que naceron sendo antisitema e con dirección estatal sometidos a mil disputas. Cuestión nada novidosa pois, no curto tempo de vida que teñen, pasaron de seren antipartidos a covertírense nun partido clásico ó modelo dos xa existentes. E, a estas alturas, alomenos en Galicia camiñan discutindo de si van soiños ás eleccións ou na compaña dos nacionalistas. Todo un lío ou si o prefiren unha mezcolanza que non sei como se aturará entre si no tempo.

E nesa ollada, en silencio, percibo a gran necesidade de facer un partido que partindo dun galeguismo sensato e bebendo na socialdemocracia aspire a gobernar nun futuro e a implantarse como a forza que nalgún momento lidere o pais.

Mais no tempo da incerteza; no tempo de falarlle a xente de como son as cousas; no tempo de decirlle que hoxe a nosa sociedade é moi complexa e que todo non se pode dar gratis. De dicirlle que todo occidente está sumido nunha crise que abarca a moitos aspectos da nosa vida diaria, soamente percibo promesas que non se sustentan en nada fiable e sólido. E por iso digo que, nesta terra, somos moitos os que seguimos esperando acontecementos e ofertas serias para tentar endereitar o rumbo deste nacionalidade histórica como a define a actual constitución. Pois os que nos gobernan non nos gustan. Son corruptos, carecen de ética, non pensa nela, e os que teñen que ser alternativa tampouco ofertan algo engaiolante e que teña visos de seriedade. Unha pena.

Te puede interesar