Opinión

FALAR E CRITICAR

Opinión

FALAR E CRITICAR

Abrochan como se foran setas no tempo de outono. Falan con certo grao de resentimento; mais consideran que de todo saben e de todo entenden acusando a todo deus sen argumentos nin datos concretos. 
Hai uns días despois de facer a camiñata diaria estaba na parada do bus espendo pra voltar á casa, e acercóuseme un señor, mais ou menos da miña idade, e comezou a falarme do coronavirus e das mascarillas. Despois de escoitar aquelo de que todo é un invento; que as mascara non vale pra nada e que o do virus é un maldade dos laboratorios, contesteille: mire vostede faga me crea convinte ou, o que lle pareza, pero deixeme en paz, por favor. O caso foi que o día seguinte no meu entorno topei cun veciño que tamén despotricaba sobor do mal que se estaba a levar o asunto do covid. O argumento era que iste goberno non se enteraba da nada e faciao todo moi mal. Pois ben, uns días despois chegou o da manifestación de Madrid onde, determinados persoeiros e xente que anda predicando polas redes sociais, arremeteron contra o goberno rexeitando o uso das mascaras e afirmando que, pouco menos estamos sometidos e temos coartada a libertade individual de movemento e de expresión.
Todo iste ambiente de predicadores sectarios, xente que soamente ten labia, mais que carece de argumentos serios, empeza a campar na nosa sociedade. Ben sei que o tema da pandemia é un pesadelo que esgota e mesmo aburre. Mais, tanta verborrea bácua de contido, arrastra a importantes sectores de descontentos que con tal de poder expresar o seu resentimento siguen a cegas a estas xentes. 
A grande masa social pode aceptar que non se sabe a orixe da pandemia; pode entender que a comunidade cientifica está a investigar sobor deste fenómeno e que, como tal, ten contradiccións sobor da súa cura. Máis, como moitos cidadáns, fágome unha pregunta: cando estou enfermo vou ó médico; si se escangalla o meu coche vou o mecánico, e se teño un problema coa xustiza vou asesorarme a un xurista. Pois eso, admitindo erros que os hai, si temos unha pandemia seguimos os consellos das autoridades sanitarias. Polo que compre que deixemos de ser máis papistas co papa. E que a ises cantos de serea non lles fagamos caso. Pois, pode ser que moitos dos persoeiros que predican e convocan á xente soamente buscan notoriedade pública. Falar e criticar é necesario, pero sempre con argumentos serios. Mais actitudes como a manifa de Madrid somente axuda a que a crítica sexa destrutiva e perxudicial para o conxunto da sociedade.