Opinión

O mundo ó revés

“ O mundo ó revés camiña,

xira segundo a cadencia 

dos cartos que son a ciencia.

Sempre manda o vil metal

nesta danza ritual

que a todos nos enlouquece...”


A aldea global na que que se convertiu o planeta Terra, fundamentalmente por mor das comunicacións, trouxo moitas ventaxas; mais tamén puxo baixo o foco cantidade de problemas e abriu a porta a grandes incógnitas que teranse que resolver nos vindeiros anos. A globalización que, nun principio apareceu como un feito positivo xunto coa desaparición das loitas ideolóxicas con dous modelos económicos distintos e antagónicos como son o capitalismo e o comunismo, pasadas unhas décadas esta a dar paso a aparición dun novo reparto de bloques que, tendo o mesmo sistema económico, aspiran a ter unha exemonía global en base ó control das enerxías que, a día de hoxe, son fundamentais para a vida cotiá dos cidadáns. 

E, por se foran poucos ises problemas, ós occidentais decatámonos de que somos moi dependentes enerxéticamente de terceiros países. Polo que a guerra de Ucrania trastocou todos os programas dos distintos gobernos da U.E.

E agora xa se fala abertamente de que hai que aforrar enerxía e acelerar a transición cara fontes limpas, menos contaminantes e máis baratas. E así comenzan os problemas, pois a carestía da enerxía que sube sen parar, e as chatas á hora de tomar medidas de aforro, agudizan a situación actual.

 E como nesas andamos, e o asunto vai pra longo, citarei algúns temas que a día de hoxe, alomenos no noso Estado, ameazan o presente. Ben sei que, a seca que soportamos, complica as cousas, e a eso sumaremos o abandono do sector primario fonte dos incendios que, anos tras ano, asolan o mundo rural. E a todo o dito hai que sumarlle a caída brutal da poboación e a desfeita do medio natural. Todos estes son asuntos que hai que afrontar canto antes. 

Como sinalei ó comenzo neses versos, dá a sensación de que o mundo ó revés camiña.

Mais a sociedade actual, gobernada polos políticos que eleximos, camiña chea de contradiccións. Pois se por un lado esiximos cambios e culpamos ós mismos de que non se toman mediadas; polo outro, as protestas cando o Goberno quita un decreto animando e, nalguns casos esixindo, reducir o consumo enerxético, aparece a oposición opoñéndose como sempre fai e sectores protestando polo dano económico que din lles fará.

A nosa sociedade está fondamente baseada no consumo e si este para ou suben as enerxías de prezo, como hoxe acontece, axiña aparece a xustificación pra subiren os todos prezos.

Hai uns días sorprendeume unha nova que quere poñer en marcha o goberno xaponés. O obxectivo é animar ós mozos e mozas a que consuman máis alcohol. E eso faino pra que as empresas dise sector non entren en crise. Mais esa forma de actuar choca co que se predican as medidas sanitarias. As sociedades dende que acadan unha modelo de vida son moi reacias a restrinxir e aceptar normas que nos obrigan a todos; pois cóstanos moito restrinxir o consumo. Polo que preparémonos que veñen tempos de mudanza no mundo occidental; tempos de transición e se non se reparten os custes mal imos. Dado que pagarémolo sempre os de abaixo. Porque, por moitas voltas que dá o mundo, sempre manda o vil metal que son os cartos. E os que os teñen, os grandes, influen moito no poder político.

Te puede interesar