Opinión

O QUE A FERRO MATA...

Unha chamada inesperada dun amigo, como querendo xustificarse, dime que deixa responsabilidades no Concello e que vaise pra casa. Eu respóndo: pero, cando todos os que vos enbarcastes no asunto, ou sexa en DO, non sabíades como era o persoeiro que agora denunciades? Silencio e logo excusas.

Esta cuestión lévame a matinar sobor dun sabio refrán galego que di: E logo ise rapaz, quén ven sendo? Esta pregunta faise antes de embarcamos nun proxecto ou de tomar unha decisión importante. Trátase de saber con quen vas a traballar.

Pois ben, despois de ver os tristes e escuros acontecementos no goberno do Concello, calquer cidadán pode pensar que os que  entraron no xogo de meterse nun chiringuito político que segundo dicia: nin de dereitas nin de esquerdas, fixérono por algunha destas dúas cuestións: a primeira e a máis suave, porque eran moi inxénuos e confiaban no persoeiro e querían colaborar, ademais de buscar notoriedade social;  e a outra porque vían a oportunidade de medrar en ámetos da vida incluíndo o económico.

Por eso, agora cando saiu á luz o que se comentaba nas reunións e nos cafés, chámame a atención que os incondicionais que nalgún intre dixeron: Dale caña Jácome referíndose os políticos que gobernaban, ou, contigo ata a morte Gonzálo, ao ver que pintan bastos plegan alas e fuxen ou actúan querendo aparecer como xente con ética e principios. Cousas veredes. Pero o panorama que se percibe é fodido.

Que centos de ourensás xa sabían que o proxecto de DO era un asunto que xiraba arredor dunha persoa e que ésta controlaba todo non era un segredo. Sabían das ánsias de poder dun aspirante a ditador; tamén sabían que pouco se podía quitar de onde só había verborrea etc. Polo tanto, o asunto era un proxecto personalista que medrou arredor de denunciar a todo quisqui sen probas e buscando soamente publicidade. E deso o avogado tamén era partícipe activo, aínda que agora queira aparecer como un tipo con ética.

Mais, en política, a necesidade, as veces, por intereses fai casamentos que soamente son de comenencia. E despois dun ano e pico no poder, os asinantes do comunicado levan á xustiza ó xusticieiro alcalde. Paradoxas da vida, ou ambicións de poder. Todo é posibel. O certo é que o concello camiña á deriva como unha dorna sen rumbo. 

E agora, como se pode desfacer tan vergoñento lío se o actual alcalde non dimite?

O máis normal sería unha moción de censura. Ben, e os votos? Non chegan sen contar coa axuda da oposición. A saída, ou fuxida, do concelleiro de cultura debuxa un panorama moito máis complexo e dificil de xestionar do que se esperaba. Panorama que nos pode levar a catro anos máis de paralise municipal. Por iso e moi necesario que pra que non siga o esperpento na casa de todos que polo ben de Ourense o señor Gonzalo Jácome teña a elegancia que non amosa nas comparecencia públicas e se aparte e deixe o seu escano. A cidade precisa xente con cordura e sería que a goberne. 

En fin, mentres os populares calan e tragan sapos, pois son complices deste sainete, o Concello esta desgobernado e toda a cidade nun desleixo total. 

Quen a ferro mata a ferro morre. Esperemos que alguen poña sentidiño e no haxa que aguantar tres anos esta situación tan degradante.

Te puede interesar