Opinión

Quen cala otorga?

Como moitos refráns populares, este é un dos que ben puidera valer para reflexionar un chisco sobor da mensaxe que nos deixa. Despois de ver o debate do sábado e o do luns onde un dos contrincantes falaba, apoiándose na Constitución, de ilegalizar partidos nacionalistas que promulgan ideas que este persoeiro non comparte e cesar e encadear a persoas ó marxe do poder xudicial, a frase dá pra pensar diante os obxectivos de fondo que persigue.

Vivimos nun estado democrático de dereito, iso é o que nos lembran a cotío. E nese estado, a liberdade de pensamento, de ideas e asociación está recollida na Carta Magna ao igual que o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións de España. Existen partidos políticos que poden defender as súas ideas sempre que o fagan renunciando á violencia, e dentro dese marco democrático e de convivencia que nos demos todos. Por iso, partindo dese marco de liberdades causoume certo desacougo que cando un dos representantes dun grupo falaba de ilegalizar ideas e partidos ou prender a tal ou cal dirixente, os representantes das demais forzas políticas quedasen todos calados diante tal barbaridade. Si, quedasen todos mudos e non saíran a dicir que vivimos nun estado de dereito e que hai cousas que non se poden facer. 

Por iso, ise silencio lembroume algún feito histórico. O golpe militar contra a República en 1936 fíxose, en principio, pra salvala. Fíxose berrando “Viva a República!” e logo saiu o que saiu. Unha ditadura de catro decenios.

Hoxe, por sorte, vivimos nun estado de dereito no que sempre se fala da separación de poderes e dise que cada un deles ten unhas atribucións, e que son poderes independentes. Mais a democracia é un réxime moi amplo e xeneroso, pois nel caben todas as ideas. Hai quen, añorando un pasado escuro e ditatorial, se apoia nela para tratar de pisala, pois no fondo, o que pensa é destruila ou interpretala como lle veña en gaña. E iso non é nin máis nin menos que camiñar cara un totalitarismo semellante ó que xa vivimos e que todos coñecemos co nome de ditadura.

En fin, que a dereita estivera calada, pois o que falou é parente ideolóxico, ate podería comprendelo, pois xa gobernan xuntos. Mais di moi pouco dos populares e dos de Rivera. Pero, que os partidos progresistas quedasen mudos diante tal ataque é incomprensivel. Ainda que no debate dos presidenciais o sr. Sánchez si rebatiu e manifestouse contrario a tal xeito de pensar. Polo demais, ise silencio dos que non reprochan tales declaracións, amosa un signo de debilidade democrática que fai valer o que di o refrán. Pois calar diante os que non cren na democracia e poñen en dúbida o andado nestes anos que leva en vigor, é tanto como branquear unha anomalía e ter saudade do pasado. E iso significa compartir pensamentos. Pero coidado con xogar coa pólvora.

Te puede interesar