Opinión

Todo ten un prezo

As medidas de aforro que quere pór o Goberno en marcha e que son obxecto de moitas criticas e anuncios dos que non queren aceptadas, amosan a falla de sensibilidade que, a día de hoxe, ten o conxunto da sociedade diante os problemas que veñen derivados dun consumo excesivo e acrítico. E o primeiro problema que se plantexa é un importante desprezo pola solidariedade. O segundo é pensar que todo o acadado como sociedade vai durar dunha maneira permanente. O terceiro básase no erro de que sempre, como sociedade, imos a mellor e que os esforzos de racionalización do consumo non son para nós. E por último está a loita contra a rutina, pois os recortes cambian o paso do devir diario, e vémolos como acidentes, e non como normas que debemos aceptar sen que nos vixien ou controlen. 

A chamada modernidade trouxo moitas cousas boas, mais tamén trouxo imensos custes medioambientais que nos deberan facer cavilar; pois a terra, como planeta, é finita e a especie humana actúa, en moitos casos, depredando a natureza e, por extensión, o planeta. Polo que a modernidade e o consumo, no que estamos todos instaldos, ten un custo moi importante que teremos que racionalizar, soportar e pagar.

A día de hoxe, se falta a enerxia eléctrica na sociedade, párase o mundo. Polo que dependemos maiormente desa enerxía que acadamos coa axuda de diversas fontes e que precisamos mudar pra que os seu custe derivado das elementos fósiles non esnaquice, non só a economía, se non a natureza e, polo tanto, dificulte máis a nosa existencia. 

Todo o que os humanos facemos pra nosa existencia e pra vivir mellor ten un prezo; toda mellora ten vantaxes e custos, e a día de hoxe estamos metidos nunha roda na que só se promociona o consumo acrítico sen ter en conta os custes que del se derivan. E eso é un grande errro que nos leva a vivir, en moitas ocasións, descoñecendo que o modelo de vida e de consumo ten un límite e grandes carencias que pagaremos moi caro baixo o nome de danos medioambientais. Por iso, as medidas que pretende o Goberno, ainda que parezan curtas, teñen tamén o obxectivo de lanzar unha mensaxe que debemos ter en conta todos. Esa mensaxe non é, nin máis ni menos, que poñer en prática a racionalidade no consumo. Dado que se queremos ser un Estado que non estea sometido ós vaivens da voracidade dos mercados e da dependencia enerxética de terceiros paises, teremos que facerse o camiño pra ir cara as enerxías limpas e iso terá un custo importante para todos.

As chatas egoistas e localistas que se poñen dende algunha comunidades, teñen un transfondo político electoral moi rancio. Ou sexa: nin fan nin deixan. Polo que, pra facer oposición, non todo debera valer.

En fin, si queremos manter o noso nivel de vida e camiñar sen facerlle dano ó medio natural, debemos aceptar que o consumismo acrítico non é o camiño mellor. Polo que, diante o que se nos ven enriba, sexamos solidarios e poñámonos as pilas e comencemos a racionalizar e consumir con sentidiño, que todo despilfarro ten un prezo que pagaremos caro.

Te puede interesar