Opinión

Unidade Galega

Amedida que pasan os días, o acordo político para formar goberno no Estado indica que, salvo un milagre pouco probavel,  convocaranse eleccións para o vindeiro dez de novembro. As verbas grosas que os novos líderes do 15M dixeron referíndose ós socialistas aínda resoan hoxe e o emfrontamento dialectico creou tal desconfianza que impediu o acordo. Por tal motivo, o PSOE, intuíndo moita inestabilidade nun pacto que non lle daba a maioría no Congreso, prefire volver a preguntarlle ós cidadáns; aínda que tal decisión é moi arriscada, pois planea sobre o proceso unha forte abstención que pode perxudicar ós partidos da esquerda.

Con todo, a demostración da falla de hábito para pactar e entenderse, podería ser unha oportunidade para os partidos galegos que, non están sometidos a comités e órganos rexidos dende a capital do reino.

De todos é sabido que as dúas nacionalidades como a vasca e a catalana teñen unha forte representación de seu e que iso ten a súa importancia á hora de facer ver os problemas concretos destas zonas do Estado e buscarlle solucións. Nun estatus semellante están outras zonas que tamén teñen unha importante representación na Cámara. Así os valenciás, os canarios e mesmo os cántabros tamen teñen voz e inflúen nas decisións políticas. Mais en Galicia, sendo unha nacionalidade  historiacia, o minifundio partidario campa, pois non existe a vontade de coalicción de todos os partidos para acadar esa voz que nos dea visivilidade. Na terra do minifundismo parcelario vive tamén o minifundio político. Polo que non parece que, non exista vontade de crear unha coalicción que, baixo uns principios minimos consensuados,  sexa a ferramenta para obter representación no Congreso.

Seguro que, despois do dez de novembro, comezaran os laios; pois a soberbia e conformismo dos que soamente aspiran a ser oposición volverá levalos a proclamar: xa hai un partido galego. Polo tanto, se queren vir pois que se sumen todos baixo esa sigla e acaten esa disciplina. Nós somos os verdadeiros nacionalistas. 

Non sei se moitos cidadáns lembrarán o grande éxito que tivera hai moitos anos a que se chamou Unidade Galega e posteriormente tamén Coalicción Galega. 

Pois ben, penso que se a mente de tanto dirixente ilumindado e obcecado fora capaz de permitir artellar un movemento semellante, o éxito estaría perto das máns. E Galicia volvería a estar con voz nas cortes.

A política require que haxa representación que poña os problemas á vista nas mesas onde se decide. A política é pracmatismo e ceder pra gañar e mellorar e non enrocarse na utopía. A política en occidente, que é onde vivimos, é baixar á realidade e facer unha lectura real e non ficticia e ideolóxica do país que queremos. Se non do país que a maioría social quere.

En fin: como no Concello das Burgas, as novas autoridades, seica amplían en tres días a data de troula festiva arredor do magosto, aínda que estemos todos moi ledos, preparémonos, chegado o caso, pra votar con cabeziña e dunha maneira atinada. E que salga o que queiran os votantes. Pois o resto non está nas nosas máns.

Te puede interesar