Opinión

Urbanitas no rural

Buscan unha casa rural pra relaxarse, desconectar e descansar do barullo estresante que soportan na cidade, onde todo camiña de presa e nin de noite un pode domir a perna solta. E marchan pra unha aldea onde a vida sigue coa súa rutina cotiá. Un lugar onde toca a campá as horas e as medias; onde canta o galo ó amencer e os cans ladran e, onde os veciños saen pola corredoria coas vacas pra iren ó lameiro ou á veiga. E de súpeto protestan e claman ó ceo; presentan escritos diante as autoridades; moléstalles a campá e o que alí é nomal e aconteceu dende sempre.

Estes son, non todos claro, algúns dos novos urbanitas que teñen idealizada a vida no rural; que falan de ecoloxía cando podan unha árbore e que son os que dan leccións teóricas de como hai que vivir nese medio. Mais descoñecen o esforzo do traballo da terra e, coas súas teorías urbanitas, pretenden darlle leccións ós que levan xeracións vivindo e mantendo ese espazo natural vivo e coidado.

A nova de que, polo norde da península, os inquilinos dunha casa rural protestan polo toque da campá que dá as horas e as medias e piden que se eliminen ises toques que pra eles son ruído, chama moito a atención. Polo que piden que lles quiten volume ou paren ise artefacto que tanto lle escaralla on tímpanos. O asunto paréceme de cachondeo, pois confunde o que é o rúido (son inclasificable) co son dunha campá ou o canto dun galo, sinais perfectamente clasificables. E un servidor que naceu e vive, sinte e ama no rural; que ten o lar á beira do campo santo, e que escoita o reloxo tocar as horas e as medias; que tamen escoita a campá chamando ós actos litúrxicos, tocando a morto, ou repicando porque arde o monte, o asunto comeza a darlle certa xenreira. Pois o que pra min é unha sinal de que na aldea, pobo ou vila resulta ser algo normal, parece que, para ós señoritos de caldo á merenda, os molesta moito.

Nas cidades sempre houbo un comcepto curioso, cando non peiorativo da vida nos pobos e aldeas. Mellor: sempre houbo certo desprezo ou desconsideración que se identifica coa idea de que a mellor vida atópase nas cidades. Mais pra os que vivimos no rural; pra os que nos gusta esa vida e as casas coa horta; que toquen as campás cos seus diversos sons; que haxa vida na parroquia e que se escoite a algaravia dos rapaces e a xente na rúa; para todos nos estas protestas sonan a ignorancia supina e descoñecemento do que é a vida no rural.

En certa ocasión unha rapaza tamén urbanita foi vivir a unha casiña e ó ñado dunha hota na que había un galiñeiro. E claro, os galos cantan á rompida do día. Pois reclamoulle á veciña que lle molestaban ises cantos ó amencer. E a veciña de boa fe matou os galos.

Ben sei, que soio algúns que veñen de vacacións ó rural chegan con esas reclamacións. Mais o asunto ten a súa miga. Asi que, aquelas xentes que veñen a desconectar e vivir un tempo nese medio coa natureza, que saiban que a vida ordinaria nas aldeas e pobos ten as súas peculiaridades e normas, e que todas son positivas. Polo que deben irse afacendo ó canto dos galos, e os toques das campás, etc. E, ademais, ó saudos dos veciños, pois no rural, vívese a vida de comunidade social e practícase a convivencia como morma non escrita. E o demais é vir a facer o parvo e a demostrar o descoñecemento e ignorancia do que é a vida en moitas vilas, pobos e aldeas do pais.

Te puede interesar