Opinión

As contas non dan


A invasión rusa, que afecta dramaticamente a vida das persoas e a actividade produtiva da Ucraína, é unha realidade que non se pode negar, tamén o feito de que a Moscova non lle quedase outra saída por razóns de seguridade e pra frear os constantes bombardeos sobre o Dombás, dos que ninguén se lembra. Porén, por se non abondase, a Unión Europea e outros países da OTAN así como aliados de primeira liña dos Estados Unidos, adicáronse a armar á Ucraína, e tomar todo tipo de sancións e medidas punitivas contra Rusia. Cando o lóxico houbese sido, antes, que se tivesen en conta as reivindicacións de Moscova, e se cumprisen os acordos de Minsk, e despois, buscar a través de métodos diplomáticos unha solución pactada, que non debería ser tan difícil, xa que se trata de recoñecer un mundo multipolar e diverso, e no que se acrecentan as desigualdades e a imposición, que deben finalizar. 

Non foi este o camiño escollido porque é negativo pra os intereses do complexo industrial militar de Washington, pras grandes corporacións, pra o dólar como moeda de reserva, e pra o dominio sobre os medios e a cultura de masas. Mais a situación internacional mudou moito neste período, aínda que occidente segue a manter a hexemonía, están emerxendo novas potencias, e Asia do Leste con China na cabeza é a área cun maior crecemento. Daquela que neste contexto as sancións e outras medidas tomadas polos Estados Unidos e aliados contra Rusia, que consideraban unha economía menor, e que sen dúbida verase afectada, en menor medida do esperado, ademais estase voltando contra os impulsores, e nalgunha medida atinxira a todo o mundo. Os acontecementos deixan moi en evidencia que non se trata igual a todos os países, que as normas se rachan cando interesa,... que os Estados Unidos e aliados, tamén a UE, non son fiábeis. E cando se perde a confianza non é tan doado recuperala. 

Neste contexto, nunha crise do capitalismo que ven do 2008, e que foi mal pechada, tal como se amosou coa pandemia do covid-19. As hipóteses de que unha vez controlado o virus a economía íase recuperar en meses, máxime contando con recursos extras (Next Generation), viuse en pouco tempo que era trabucada. Unha globalización excesiva, un neoliberalismo que sementa desigualdade, sumados aos distintos ritmos que marcou a pandemia en cada país, crearon atrancos que limitaron a oferta mentres que a propaganda e a flexibilidade cuantitativa daban azos á demanda. Medrou o emprego porén igual de rápido a inflación poñendo o primeiro en suspenso. A guerra non viu máis que a fortalecer esta tendencia, que as sancións a Rusia potenciaron, e agora volvese como un búmerang contra os países que as tomaron, moi especialmente a Unión Europea. 

Polo tanto o Governo central non di a verdade cando bota toda a culpa da inflación, dos maiores custes enerxéticos e doutros recursos á guerra, porque a tendencia é anterior, a IPC xa superaba o 7% en febreiro, e a incidencia desta recen está reflectida no 9,5% de marzo (e en boa medida polo efecto das sancións). Acaso non sabían que as múltiples sancións contra Rusia, Venezuela, cuba, China, Iran, etc. ian ter algún día estes efectos? Ademais o complemento que implica o comercio exterior en Rusia non é comparábel ao que tiña no seu dia Venezuela, por exemplo. O PIB de Rusia en capacidade de merca é de 4,7 billóns de dólares, ou sexa é a sesta economía do mundo (cun PIB algo inferior ao de Alemaña, 5,2, e Xapón, 5,9). 

As contas non dan, porque ademais dos 16 mil millóns deste plan especial hai que contar os 7 mil millóns máis en defensa. Polo tanto, pra non aumentar o déficit público, tendo en conta que hai empresas que lles saen os cartos polas orellas, e non só as eléctricas, é o momento de axustar o sistema fiscal, e terminar co absurdo de que proporcionalmente os que mais gañan son os que menos pagan.

Te puede interesar