Opinión

Unha estratexia ameazante que terá resposta

A decisión do Governo dos Estados Unidos de bloquear a todos os niveis a Irán, neste caso intervindo no sistema Swift, pra impedir que a nación persa poda realizar transaccións financeiras normais con outros países. Unha decisión que afecta directamente o sector do petróleo e gas, nos que as corporacións estadounidenses teñen grandes intereses. Pra conseguir dobregar ao Swift así como ás empresas occidentais con investimentos en Irán, Washington ameazou con sancións se mantiñan relacións comerciais de calquera tipo (con excepcións conxunturais). A Unión Europea é contraria xa que considera que Iran está a cumprir os pactos respecto da enerxía nuclear, polo que estraría disposta a artellar métodos de comercio e pago alternativos, que aínda non se concretaron. Iran, pola súa banda, afirma ter medios pra canear o bloqueo estadounidense como xa o fixo antes.

Todo indica que malia que este sexa un punto de confrontación coa Unión Europea (Alemaña-Francia), sabedores de que estes mecanismos de coacción que hoxe se utilizan contra Iran, pódense usar maña contra os aliados actuais. Mesmo así, todo indica que neste intre Bruxelas non rachará con Trump, pra alén das declaracións e dalgunhas medidas pra lavar a cara. A iniciativa de Washington ten un carácter estratéxico xa que afecta a todos os países do mundo, especialmente os que teñen grandes corporacións e un maior comercio exterior. Ou sexa, non se trata só de concretar a promesa de Trump de que “Estados Unidos primeiro”, senón que quere impoñer por medio da forza e presión decisións unilateralmente. Polo que aqueles estados, grandes e pequenos, que non acepten este trato desigual, veranse sometidos a mecanismos de disciplina, que van dende as sancións comerciais e financeiras, até a intervención interna e a agresión militar. 

Neste contexto hai que valorar o que está a suceder en Brasil e outros países, sen obviar a incidencia que teñen as dinámicas internas. As presións de Estados Unidos están obrigando a que se definan, a que tomen postura, tanto por temor como por intereses de clase. Neste contexto hai que entender as declaracións de Emmanuel Macron e Angela Merkel. A dúbida razoábel é, até que punto é unha ameaza unha unha táctica pra renegociar con Trump. Especialmente vendo as graves contradicións actuais da UE, como consecuencia da preponderancia dos intereses do gran capital, o avance da precariedade laboral e baixos salarios, o medre da desigualdade, e o rexeitamento a dar solucións ás nacionalidades esmagadas. Mais tamén o auxe dos populismos de dereita, e unha esquerda que todo o centra nas reivindicacións das minorías, axudando a fragmentar a clase traballadora. To fai pensar que é tarde pra salvar o proxecto da burguesía e clases medias acomodadas europeas, máxime cando Trump, Macron, Merkel, tamén Tsipras, empurran nesta dirección. 

As sancións contra Irán implican un pulo cualitativo, que terá unha resposta estratéxica por parte de China e Rusia e outras nacións. Estas potencias saben que Iran é un un campo de proba, como Corea do Norte. Polo que tomaran novas medidas que lles permitan dar azos ao comercio exterior e reforcen no interno economías autocentradas e sustentábeis, pra superar o escenario máis negativo. Neste aspecto China conta coa vantaxe dunha planificación central e un sector público determinante, e Rusia posúe grandes recursos naturais. Os outros tres campos de batalla serán o aspecto militar, as novas tecnoloxías, e os medios de comunicación. Todo apunta a unha paridade na correlación de forzas (Por décadas? Unha división en bloques?). Neste escenario, son fundamentais forzas político-sociais que ofrezan ás maiorías un sistema alternativo que garanta a paz e a xustiza social, os dereitos nacionais, e unha democracia popular.

Te puede interesar