Opinión

Adéus, benquerido Amando

Inda fai un mes que falamos de nos xuntar os que quedamos da Corporación co David Ferrer e con "Caito". Dixeches que si: "Onde queiras e como queiras", apostillaches. Coñecímonos fai desto setenta e tantos anos, nos Kostkas co P. bezanilla de consiliario. Iamos á misa de nove e cuarto os domingos. seguimos sendo grandes amigos. Fumos concellais cando non se cobraba nin unha peseta por traballar pra o noso Ourense.

Teño unha anécdota que contei no Liceo de Ourense, cando fixeches a miña presentación dunha conferencia sobor do carlismo. Estiveches brilante, faltaría máis!, coa tua oratoria fluida e ata lírica. E contaches que un día que eu estaba fora -de viaxe- meu primo Adolfo chamoute pra asistir a unha xuntanza clandestina, en representación do Partido Carlista. E fixéchelo porque eras bo e xeneroso e amigo dos amigos. Algo que agora non se leva, ou lévase pouco.

Hoxe ao leer La Región, como tódolos días mentres desaiunaba, vexo con sorpresa e as bágoas saíndome inmesericordes o teu pasamento. Non sabes o que te imos botar de menos!, benquerido Amando. Aínda que menos que outros amigos, xa que logo irei pra onde tí estás e de onde non se volve. "Cuando un amigo se va / algo se pierde en el alma...".

Claro que se perde e moito no que a min me toca. Que o deus misericordioso te xunte coa túa dona a que adorabas. E non sen motivo. Deica logo amando. 

Te puede interesar