Opinión

Esto apesta a revanchismo

As Españas apestan, amables lectores. Escomenzou a cousa cos dos “Cen anos de honradez”, que dixera Felipe González. Foi un cúmulo de roubos, de crímenes de estado: Urralburu, Roldán, a venda de Rumasa, os GAL, os ERE de Andalucía, etc., etc.

Pois pra que a cousa seguira, a familia Pujol herdou en Andorra unha morea de cartos. Mais como o que non molla o pan no chocolate non merenda, chega o PP coa Gürtel, Bárcenas, Púnica…, Valencia (“Es la tierra de las flores, de la luz y del amor”), e tamén Madrid. E a Mariano Rajoy non hai quen lle diga no seu partido: “Ni contigo ni sin ti tienen mis males remedio. Contigo porque me matas, sin ti porque yo me muero”. Renovarse o morir, señor Rajoy.

A familia do xefe do Estado, dona Cristina de Borbón e Grecia e Iñaki Urdangarín, no banquiño. Vamos, que esto é unha maravilla! Lembro no franquismo aos do Opus Dei co Caso Matesa, cando se cargou o Generalísimo a Fraga e Solís por denunciar aos da Obra ocupados co “Plan de Desarrollo”.

E chegan os de En Marea que borran rúas, con Manuela Carmena retirando cruces e cambiando nomes sen orde nin concerto. Con dúas “xoias”, o Zapata e a Mestre (si, a que dixo nunha capela da Complutense, espida de cintura para arriba: “Arderéis como en 1936”). O primeiro e a segunda empapelados polos respectivos xuíces. E contratan a uns titiriteiros que louban a ETA.

Pra que seguir se vostedes, amabeis lectores, están ao corrente de todo o acontecer. E inda falta Podemos, que non “tocou pelo”, como din os toureiros. Veremos cando cheguen co seu lema de cambio e progreso. Fanlle a un lembrar a Jorge Manrique: “Recuerde el alma dormida, / avive el seso e despierte / contemplando / cómo se pasa la vida, / cómo se viene la muerte / tan callando; / cuán presto se va el placer, / cómo, después de acordado, / da dolor; / cómo, a nuestro parecer, / cualquiere tiempo pasado / fue mejor”.

Non me estraña que haxa quen diga que “Contra Franco viviamos mellor”. Logo de convertir as Españas na cova de Alí Babá, agora chega un salvapatrias, Pablo Iglesias, que tivo ao seu avó, Manuel Iglesias, que se fartou de dictar sentencias desde un tribunal republicano, condenando a morte a moita xente de ben, como o Marqués de San Fernando, Joaquín Dorado y Rodríguez de Campomanes e mailo seu cuñado, Pedro Ceballos. Este é o salvapatrias que quere por todo de patas enriba: “Miré los muros de la patria mía, / si un tiempo fuertes,ya desmoronados, / de la carrera de la edad cansados, / por quien caduca ya su valentía”, que poemara Francisco de Quevedo.

P.D.: A qué espera Podemos para condenar ao réximen de Maduro, cos presos en Ramo Verde (fermoso eufemismo), que tamén loitaron pra que en Venezuela houbera cambio e progreso?

Te puede interesar