Opinión

¡Ay campanera!

Non son moi dado a facer “correccións fraternas” dentro da Igrexa, da que son militante –e pecador- dende a miña xuventude. Téñolle lido a cartilla a algúns bispos, cregos e leigos. Nosa Igrexa é unha comunidade de homes libres.

Non me gostan as “capillas de xente selecta”, como di Francisco. Como por exemplo o Opus Dei, onde por certo teño amigos moi boas persoas. Agora, Francisco ábrelle un proceso de investigación por abusos sexuais.

No pasado “referendum” catalán, o señor bispo de Solsona (Catalunya), chamou a rebato pedíndolle as parroquias que repicaran as campás dende as nove da mañá, que era cando se abrían os colexios electorais, pois segundo il dixo: “¡Ha llegado la hora de la libertad!”.

Meu dito, meu feito. As campás repicaron arreo. Co que non contaba o prelado en cuestión era que ao final do día a campás dobraron, quedándose o señor bispo, como se di vulgarmente, “sen plumas e cacarexando”.

Síntoo por vosa Eminencia, por se meter onde non o chaman. As campás tócanas as campaneiras: “¡Ay campanera. Aunque la gente no quiera. Eres la mejor de las mujeres, pues por algo te hizo Dios su pregonera!”

Adíquese, señor bispo, ao seu ministerio nesa Catalunya onde somentes o 5% son crentes practicantes. E mande tocar as campás pra anunciar a alegría do Evanxeo. Que a Igrexa é Católica e polo tanto universal.

¿Por qué non fala da corrupción, denúncea, do clan Pujol e Cia? E deixe que as campás as toquen as campaneiras: “¡Que aunque la gente no quiera, son lo mejor de las mujeres. Pues por algo Dios os hizo pregoneras!”.
 

Te puede interesar