Opinión

Cal viva

Pablo Iglesias, o líder de Podemos, botoulle en cara a Pedro Sánchez que fixera caso a Felipe González. E soltoule o da “cal viva”. Non era o lugar nin o momento de soltar esa verdade a medias. “Ou se fala, e escrebe, con rigor, ou se fai literatura ou se cala un”, que dixera o sabio inglés. Ten razón o da coleta, mais a quen escrebe caelle pero que moi mal: peor. É un revanchista, un engreído, un pedante, e como dixera D. Ramón Otero Pedrayo: “Ourense perdoa todo menos a pedantería”. Pois, señor Iglesias, a his- toria do señor X escomenzou asasinado a perto de trinta iñocentes, nun terrorismo de Estado que non é compatible nunha partitocracia como a que temos.

Felipe e os seus acólitos puxéronse, primeiro, ás portas do Tribunal Supremo a protestar pola condena de Vera e Barrionuevo. E despois tamén se manifestaron diante do cárcere de Badajoz can- do Vera e Barrionuevo ían cumplir unha condena que foi reducida polo “bo comportamento” destes asasinos que ademais de asasinar, secuestraran a un cidadán francés, Segundo Marey, ao confun- dilo cun etarra, e tivérono nun caserío ata que se deron conta de que meteran as dúas patas.

Logo o teniente coronel Galindo tivo presos en Intxaurrondo a dous xóvenes que fuxiran a Francia pra non cumplir o servicio militar. Tor- turáronos e ata lles arrincaron as uñas, e como os pobres mozos non declaraban o que Galindo que- ría, leváronos á provincia de Almería, fixéronlles cavar unha foxa e pegáronlles dous tiros, en entón –si, señor Pablo Iglesias- botáronlle cal viva.

Mais o dono da finca descobreu os corpos dos xóvenes vascos un día coa súa escavadora, e denunciou o feito á Garda Civil. Mais Felipe González, pra lle agradecer os servizos ao  teniente da Garda Civil, ascendeuno a xeneral. Mais ao pouco tempo a xustiza empapelou a Galindo e meteuno preso. E a todo esto, señor Iglesias, ¿onde estaba?

Esta é a historia señor Iglesias. E cando se conta hai que contala toda, non como vostede fixo no Congreso dos Deputados, diante de Pedro Sánchez a quen vostede humillou proclamándose, dúas veces, vicepresidente, e decindo que ía nomear a catro ministros, e unha policía paralela ao seu ser- vizo como fixo Maduro (a quen vostede asesorou cobrándolle bos cartiños). E así podiamos seguir.

Non señor Iglesias, que eiquí coñecémonos todos, e sabemos como vostede pensa. Inda que mire, señor Iglesias, como dixera Voltaire no parlamento francés: “Eu estaría disposto a dar a miña vida para que vostede poidera defender as súas ideas”, que non teñen nada que ver coas miñas, a Deus gracias. Modérese e colabore para que as Españas melloren e haxa menos paro, e respete a nosa relixión católica, apostólica e romana, e non ataque a nosa fe. Que vostede pasará, como pasaremos todos, mais a fe de Xesucristo permanecerá ata o final do mundo.

Te puede interesar