Opinión

DON LUIS TRABAZO

Oautor do libro 'Violencia o razón' (1969), don Luis Trabazo, un ourensán esquecido como outros, foi unha figura relevante da nosa intelectualidade. Trateino moito e ata tiven que xestionar -cando eu era xerente do Hospital da Lonia, onde finou no 1978- os seus trámites mortuorios pro encargo da súa dona Marina, a que lle tiven que dar a triste noticia do pasamento.


Trabazo foi escritor, pintor, crítico de arte e amigo de Faílde, Arturo Baltar, Manolo de Buciños..., escribiu varios libros e traballou na revista carlina que se editaba en Madrid, 'Misión', que dirixía outro carlista ourensá, Manuel González Cerezales, logo da fogueira de 1936, na que Trabazo foi galardonado por defender unha posición do exército nacional con unha moi grande valentía. Era amigo dos amigos. Eu trateino cando xa na súa vellez unha enfermidade pulmonar e bronquial tíñao moitos días na cama, nunha rúa pertiño do noso río Miño. Elí visiteino, e afogábase cando lle daban aqueles achaques dos que íl sempre sorría: 'Conmigo non pode o cancro, amigo Rego, pois...', irreproducibel palabra que eiquí non encaixa.


Cando dende o Couto viña ata o centro, costáballe moito traballo camiñar e ía parando cada pouco. Escribía -asemade de habelo feito en 'Misión' e en 'Índice'- de cotío en La Región. Unhos artigos moi longos. Por eso ao acompañar as conversas facíanse interminables, xa que logo, cada pouco, tiña que deterse pra poder coller aire.


De Luis Trabazo dixo José Ángel Valente: 'Él era él y su contrario'. Algo anárquico nos seus escritos, ou eso parecíame a mín. E vou descubrir algo que ocultei cando escribir recente de Don Ramón Otero Pedrao, que xa acamado pra non se volver a levantar. Díxome Don Ramón: 'Mire, Rego, ¿a vostede non lle parece que o Trabazo non está a escribir con sensatez?'. Eu calei, lóxicamente. E teño unha anécdota de Trabazo, pois cando Carlos Hugo de Borbón-Parma veu a dar unha conferencia no Ateneo, íl nou puido asistir, pois estaba cunha crise. Pro eu pedínlle a don Carlos que lle adicara o seu libro 'O socialismo autoxestionario', e leveillo a súa casa e aos poucos días encontreino fronte a Correos, e díxome: 'Rego, o libro é unha marabilla. Estou totalmente dacordo co escrito polo seu líder'.


Pois este é un pequeno recordo dun ourensán intelectual, amigo dos amigos e que na súa tumba hai un epitafio: 'La fraternidad y el arte fueron el norte de vida'. Descanse na paz do Señor o grande amigo don Luis Trabazo.

Te puede interesar