Opinión

O graneiro de Rusia

AUcrania que visitei en tempos do comunismo, ou "socialismo real" está hoxe nunha encrucillada. Putin, o presidente de Rusia, que denantes fora oficial do KGB na Alemaña Oriental, quere anexionarse o que fora en tempos lonxanos o chamado "graneiro de Rusia".

Á Ucrania o comunismo con Stalin colectivizou a agricultura, e deixou de ser un verdadeiro "graneiro". Houbo unha fame que desvastou á poboación rural e extendeuse ás cidades.

Stalin ensañouse cos campesiños, os chamados "kulakos". O dano causado por Stalin en Ucrania superou con creces o inflixido polas tropas do líder dos nazis alemáns, Hitler. E conta a historia que Hitler asasinou entre 1932 e 1933 a máis de sete millóns de ucranianos, facendo bó aquelo que predicara Lenin: "Aos corpos, a violencia, e as almas, a mentira".

A Ucrania que eu coñecín carecía de moito pan noso de cada día, onde había colas pra mercar, mais na mitade delas os ucranianos voltábanse pras súas casas sin nin xiquera un bolo co acompañar os manxares que tamén escaseaban. Ata o punto de que na residencia na que estiven cos mozos de Castro Floxo, mataran unha vaca, e comiamos carne ao desaiuno e ao almorzo. O chofer que nos asinaron viña tódolos días a comer connosco, xa que no seu fogar vía a carne unha vez ao mes.

Nos comercios onde comprabamos algún recordo pra traer á nosa terra, non tiñan nin papel pra envolver, e tiñamos que ir a outra tenda a compralo. Pois agora, logo da revolta contra o dictador -que vivía moi ben- Yanukóvich, que fuxiu cara a Rusia do Putin, os dereitos humáns seguen no limbo, inda que hai unha aparente certa "democracia".

A Ucrania, o Puntin quere enrolala no seu proiecto de Eurasia, e cortarlle o gas ata que os ucranianos se rindan, cousa que inda está por ver, pois como a Unión Europea e os EE.UU. non os axuden a sair da quebra que deixou o Yanukóvich, un monigote do Putin que segue a proclamar que el "é o presidente lexítimo" de Ucrania.

E o presidente Obama, un "bluff" ollando cara outro lado como en Siria. Moito pico e máis nada, e como dí o refrán inglés: "O tempo é ouro e a língua capital, sabéndoa empregar".

Te puede interesar