Opinión

Liberdade sen ira

Esí se titula aquela cantiga de Jarcha que se cantaba nos tempos do postfranquismo. Pois agora haberá que pórse a escoitala de novo, e sobor de todo, cumplir. Si, porque desde Podemos, as Mareas e os En Comúns (que pouca imaxinación o destes últimos), queren pór todo de patas arriba. Cargándose aquelas lembradas xuntanzas da Xunta Democrática ou do Consello de Frozas Políticas, onde loitamos pra que houbera unha transición pacífica e sen revachismos.

Escoito a unha rapariga facendo unha “revisión” do franquismo, destilando un odio que sendo xoven non se debera ter, senón desexos de paz e reconciliación a cicatrizar as feridas. ¡Que todos temos moitas! Lembro o golpe de estado do 23F, cando moitos dos que aínda non botaran fóra o seu odio e o seu revanchismo fuxiron a se esconder, mentres outros quedamos. (¿Lembras, benquerido Camilo Nogueira, que ti non fuxiches, e que despois queríasme levar de cabeza de lista do teu partido pra a Xunta. Noraboa, Camilo, por ese merecidísimo premio Otero Pedrayo).

Pois o que ao meu xuízo se debería facer é construir. Non destilar odio e revancha, que esí non imos a ningures. Liberdade sen ira. Iso é o que propomos algúns cuios ósos foron parar, en varias ocasións, a onde non queriamos, pra que todo o mundo se poidera expresar con liberdade e sen ira. En política os partidos son rivais, non enemigos.

P.D.: Di o ex JEMAD ourensán, agora en Podemos: “É perigoso que a metade dos electores non crean na ética”. ¿Será na súa “ética”, que se presentou o 20D por Podemos en Zaragoza en volveuno facer o 26J por Almería e fixo o ridículo? ¿Será esa a metade dos electores que non o votaron? ¡Sentidiño, don Julio!

Te puede interesar