Opinión

No Día Mundial do Circo

Dende os dous anos e medio -e xa teño oitenta e catro- estiven por esos mundos de Deus acompañando ao meu bon pai, que era apoderado do Gran Circo Feijóo, dende a súa fundación co vilanovés don Secundino Feijóo Méndez e logo co seu fillo don Manuel, que foi meu padriño de pila. 
Percorrín as Españas de enriba ata abaixo. Coñecín os meirandes artistas: domadores, trapecistas, equilibristas e como non aos paiasos más famosos das Españas. Dende os irmás Moreno ata Pompoff e Tedy cos seus fillos.

Non houbo lugar onde no fora, nin artistas que non coñecera. Eiquí en Ourense tamén tivemos o Circo da Cidade dos Muchachos. Mágoa de como feneceu o que despertaba tantas ilusión aos que amamos o Circo!

En Madrid estivo na Praza do Rei o Circo Price, e hoxe hai o mesmo perto de ronda de Atocha. Logo andaban polas Españas o Circo Corzana, o Hervás, os Tonetti, o Mundial o dos irmáns Moreno, no que  ía meu bon pai defendendo os intereses de don Manuel Feijóo.

Vin actuar a "Charlie River" -José Andreu Lasarre, que era seu verdadeiro nome-. Tamén Ramper no Circo Feijóo. Pinito del Oro, a grande trapecista canaria. E a unha morea dos mellores artistas. Logo don Manuel emparentou con Arturo Castilla, que había formado parte dos Hermanos Cape, uns paiasos vascos maravillosos.

E Arturo Castilla fundou como socio de don Manuel Feijóo Salas o Gran Circo Americano. E publicou un fermosísimo e documentado libro, "La otra cara del Circo", e que teño coa adicatoria que me puxo: "A Manolo Rego con todo mi cariño y admiración le dedico este libro que nos trae a todos el recuerdo de su padre, ejemplo de honradez, lealtad y amor al Circo".

O Día Mundial do Circo e o domingo 17 de abril de eí este meu recordo.

Te puede interesar