Opinión

Ourense sen música

Entérome por La Región que estamos sin Banda de Música. Incomprensible!, nunha terra que deu músicos famosos. Seica argumentan que costa moito o escoitar unha peza, que por outro lado costa ensaiala.

Xa non hai certames de bandas de música como os que quen esto escrebe organizou nas Festas do Corpus. Lembro a meu bo pai que respostaba cando eu lle dicía que monseñor Temiño prohibira as bandas de música nas festas dos nosos pobos: "Non lle fagades caso, que é xordo".

Pois agora que xa existen audífonos abondo, que os compren os nosos concelleiros, que pra eso cobran, e cómo cobran de carallo! A música amansa as feras e é unha ledicia escoitalos, elí onde toquen. A música é un arte. A política ...

Te puede interesar