Opinión

O pai Arrupe

Ao cumplir doce anos fíxenme Kostka na paroquia de Santa Eufemia a Real do Centro, que estaba rexida polos xesuitas. Aínda non nos falaban do Pai Arrupe, un xesuita vasco que chegou a ser o “Papa Negro”. Ou sexa, o mandamais da Compañía de Xesús no mundo enteiro. Logo si soupen, polos artigos que lía e as publicacións que chegaban ás miñas mans, da vida deste home santo e do que o pasado día 5 de febreiro se acaban de cumplir 25 anos do seu pasamento.

Arrupe, elexido superior da Compañía de Xesús no 1965, falaba de cultura o ano da clausura do Concilio Vaticano II: “Era unha ciencia e arte, amor e acción, técnica e vida política; e tamén adoración e plegaria, infinita aspiración relixiosa e relixión determinada”.

Arrupe viviu a explosión da bomba atómica en Hiroshima. Predicou no Xapón. Mais sufriu a incomprensión de San Juan Pablo II (os santos tamén se equivocaron, faltaría máis), que o fixo renunciar a ser superior da Compañía de Xesús. O cal tiña, ao meu xuízo, unha explicación clara: Wojtila quixo, estando en Cracovia, estudar en Roma cos xesuitas, mais istes rechazárono e foi caer nas mans do Opus Dei, que si o quixo. De San Juan Pablo II gardo a fotografía chamándolle ao orde a Ernesto Cardenal na súa visita a Nicaragua, que posto de xeonllos bicoulle o anel. Unha fotografía que deu a volta ao mundo. E non estou a dicir que Juan Pablo II non fora santo.

O Pai Arrupe, cando inda non se falaba de “aldea global”, xa utilizaba aquela expresión do “caserío planetario”. Teñen razón os que escriben que a Arrupe a ferinte realidade do mundo e da Igrexa tamén o fixeron sufrir.

Foi reemplazado polo holandés P. Kolvenbach pola doenza que tivo, xa que a Compañía de Xesús non aceptou a quen lle quería impor o Papa Juan Pablo II. Bos son os xesuitas pra se deixar manexar! Mais son unha organización da Igrexa Católica exemplar. Tanto polo rigor predicando como pola preparación intelectual que teñen.

P.D.: Se os titiriteiros contratados por Manuela Carmena que fixeron unha exaltación dos asasinos de ETA chegan a expor unha esvástica nazi, que diría a esquerda mediática que os xustificou (“a cousa non é pra tanto”)? Terrible duda.

Te puede interesar