Opinión

Patriotas

O amigo Del Caño presentoume a Manuel María (Manuel María Fernández Teixeiro), unha tardiña na que tivemos unha mesa redonda no local da AVV de A Carballeira, eiquí en Ourense.

Boeno, quen falou máis, loxicamente, foi Manuel María, a quen eu coñecía pola súa impresionante e abondosa publicación poética, “Cantos rodados pra alleados e colonizados” (1976), ou “ “Poemas para construir unha patria” (1977), entre moitos outros. E sabía da súa militancia na UPG, a que acabaría deixando, mais sen deixar de escribir a favor da Galicia que moitos soñamos. Á mesa redonda seguiulle unha cea no bar Viena, na mesma praza de A Carballeira onde está o local da AVV. Elí falou il soio, mentres Del Caño e mais quen esto escrebe escoitabamos con ledicia. Entón decateime de que estaba ante un home bo e xeneroso.

Logo visiteino en Monforte de Lemos, traballando e tamén falando de Saleta, a súa dona, que coido guiou a este home da Terra Chá polos vieiros da prosa e da poesía. Parolamos un bo rato. Agora adicáronlle o Día das Letras Galegas con todo me- recemento a quen dixo de si mesmo: “Eu de min soio sei, con seguridade, que escrebo versos. O que aínda non sei é se son poeta. Eso dirao, en definitva, o tempo”.

Pois claro que fuches poeta. E dos grandes da nosa Galicia, e asemade eras, queda dito, bo e xeneroso. E desde ese Ceo on- de estés, coa túa modestia, agora dirás, pois si son poeta. E ho- me de ben, engado eu. Que máis queres, amigo Manuel María!

Te puede interesar